xoves. 26.02.2026
El tiempo

Lupe Blanco, e Rosalía, espallan a regueifa ata Corcubión

Lupe Blanco no CEIP Praia de Quenxe de Corcubion
Lupe Blanco no CEIP Praia de Quenxe de Corcubion
Lupe Blanco, e Rosalía, espallan a regueifa ata Corcubión

Este pasado luns 23 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro. Con tal motivo a ANPA Alén quixo poñer en valor a cultura galega a través dunha actividade moi especial no CEIP Praia de Quenxe.

A asociación apostou por achegar ao alumnado unha proposta centrada nas nosas tradicións orais, contando coa participación de Lupe Blanco, recoñecida regueifeira de Bergantiños (Coristanco). Durante a xornada, o alumnado puido coñecer de primeira man o valor das regueifas como expresión artística e como parte fundamental do noso patrimonio cultural inmaterial.

A actividade combinou explicacións sobre a historia e características da regueifa con demostracións prácticas, nas que as nenas e nenos participaron activamente, fomentando a creatividade, a improvisación oral e o uso da lingua galega dun xeito lúdico e enriquecedor.

Lupe Blanco no Colexio de Corcubion

Desde a ANPA Alén descatan a importancia de "promover iniciativas que reforcen a identidade cultural e lingüística entre as novas xeracións, especialmente nunha data tan sinalada como o Día de Rosalía, símbolo da defensa e dignificación da nosa lingua e cultura".

"Con accións como ésta, reafírmase o compromiso da comunidade educativa co impulso da cultura galega e coa transmisión das nosas tradicións ás futuras xeracións", destacan dende a ANPA.

Comentarios