mércores. 30.04.2025
El tiempo

2ª Autonómica: Palabras maiores

2ª Autonómica: Palabras maiores
Imaxe do Cerqueda-Ponteceso-Foto-Sd O Ponteceso deixouse os primeiros dous puntos da tempada en Xaviña ante un moi serio Cerqueda-Foto-SD Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Partidazo o vivido en Vimianzo entre dous dos candidatos ao título. Baíñas e San Lorenzo protagonizaron unha fermosa tarde de loita e pelexa, nun auténtico partido do Fútbol da Costa, que deixa aos dous conxuntos ben situados. Pois non perden vantaxe con respecto ao líder, un Ponteceso que segue sen coñecer a derrota, pero que deixou escapar os primeiros dous puntos ante un Cerqueda que está sendo moi incómodo para os teóricos grandes.

Non fallaron Zas e Castriz e o Mazaricos métese tamén no pelotón aproveitándose dun Cee que aínda ten que mellorar moito.

Por abaixo, só queda o Cabana sen estrear o taboleiro de vitorias tras ver como a Esteirana lle remontaba nas Redondas, e despois da primeira vitoria do Volantes ante o Coristanco.

 

Cee 1-2 Mazaricos

  • Campo: San Paio de Refoxos.
  • Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Jacobo, Aitor, Piquero, Isma Leis (Esteban m.60), Roberto, Leo (Penedo m.65), Dani Picallo (Llanero m.65) e Chiru.
  • Mazaricos: Miguel, Jose (Molinos m.74), Roberto (Jose m.87), Jose, Matías, Martín (David m.65), David, Ricardo, Chenel (José Ángel m.90), Estéfano e Miguel Riveiro.
  • Árbitro: Castiñeira Blanco (A Coruña). Amonestou a Roberto, Isma Leis, Aitor, e Llanero do Cee; Miguel Riveiro, Molinos, Miguel e Chenel do Mazaricos.
  • Goles: 1-0 m.14 Dani Picallo; 1-1 m.62 Ricardo; 1-2 m.73 Estéfano.

Non fixo os deberes

Remontada do Mazaricos ante un Cee que variou lixeiramente respecto á pasada semana en Zas, e que dispuxo de oportunidades para gañar. Os de Alfredo Cambeiro naufragan na táboa, mentres que Néstor Romero deixa aos da Picota nunha situación de gran tranquilidade.  

Carnota 2-0 Buño

  • Campo: Lombáns.
  • Carnota: Andrés, Tono da Caixa, Adrián, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Nakata, Raúl (Oreiro m.59), Jose Ángel (Cibrán m.80), Lalo (Pumuky 59), Miguel Ángel e Manuel Luis.
  • Buño: Toni, Miguel (Pablo m.70), Fran Borrazás, Dani (Dimitri m.75), Eloy, Dani Calvete, Neucha (Juan m.65), Dourado, Víctor, Jorge e Iván.
  • Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Expulsou a Nakata, do Carnota (m.83). Amonestou a Manolo Chouza, Manuel Luis e Andrés do Carnota; Dani Mato, Dimitri, Jorge, Miguel Dourado do Buño.
  • Goles: 1-0 m.64 Manuel Luís; 2-0 m.68 Manuel Luís.

Manuel Luís marcou a diferencia

O acierto de Manuel Luis decidiu un partido de rivales directos en Lombáns. O Buño, que está algo escaso de acerto nos últimos encontros, tivo en achegamentos de Víctor e Iván as mellores opcións, pero non pudo con Andrés. Foi no segundo acto cando rachou a contenda. En cousa de catro minutos, o bigoleador de onte aproveitou un rexeite primeiro e sacou un gran disparo cruzado despois para deixar os tres puntos na casa. Cando estirou liñas, o Buño tampouco foi quen de dominar a balanza.  

Baíñas 2-2 San Lorenzo

  • Campo: Municipal de Vimianzo.
  • Baíñas: Sergio, Matías, Carliños, Pablo Rey, Alemán (Canay m.77), Jorge Calvete, Jaime, Mario, Javi Suárez, Eloy Cabeza (Esteban m.80) e Tasky.
  • San Lorenzo: Javi Souto, Rubén (Omar m.75), Adrián Varela, Rudi, Juanjo, Álex Taibo (Joaquín m.70), Álex Figueiras, Mario, Juni (Luis m.70), Isaac e Fuentefría.
  • Árbitro: Dacal López (A Coruña). Amonestou a Eloy Cabeza do Baíñas; Álex, Rubén Varela e Mario do San Lorenzo.
  • Goles: 0-1 m.8 Fuentefría; 0-2 m.60 Juni; 1-2 m.64 Javi Suárez; 2-2 m.69 Javi Suárez.

Partido con palabras maiores

Novo acerto do Baíñas nun partido con cartel de loita polo título, e esta vez cun guión que lle pediría novas alternativas. O San Lorenzo, pola súa banda, resacirciuse a medias da anterior derrota ante o Castriz. Houbo alternativas no dominio, nas áreas e no marcador. Comezaron máis fortes os carballeses, que se adiantarían moi cedo gracias a un pase largo para Fuentefría, que lle gañou as costas á zaga local e resolveu ante Sergio. Administrou o balón e a posesión o cadro visitante, aínda que as mellores chegadas foron do Baíñas. Parecía prácticamente acabarse o conto ao cuarto de hora da reanudación, noutra habilidosa búsqueda de espacios por parte verdillesa, e unha boa resolución de Juni ante Sergio. Pero nada máis lonxe da realidade. Tirou de orgullo o Baíñas e en cinco minutos tería recuperado o que perdera na hora anterior. Protagonismo para Javi Suárez. Recurtaría distancias nun balón en longo, e igualaría ao remachar unha moi boa acción colectiva. Dominou o balón parado o equipo de Pablo Mallón, e a piques estivo de voltear dese xeito a contenda. Jaime, Pablo Rey e o propio Suárez terían nas súas botas o terceiro.  

Castriz 3-2 Ameixenda

  • Campo: San Pedro.
  • Castriz: David, Martín Gemelo (Miguel m.46), Alberton (Maneiro m.75), Alejandro, David Velo, Martín Uruguaio, Fabián, Bruno, Dani Martínez, Bolón (Iván m.66) e Álex Flores.
  • Ameixenda: Maikel (Samuel m.66), Grille (Sergio m.46), Trillo, Álex, Bicho (Antón Lestón m.60), Jesús, Bichiño, Brais, Andrés, Rafa (Ruso m.83) e Borja (Demetrio m.59).
  • Árbitro: Rodríguez Penas (A Coruña). Amonestou a Dani Martínez do Castriz; Bicho e Álex do Ameixenda.
  • Goles: 0-1 m.4 Álex, de penalti; 1-1 m.34 Álex Flores; 2-1 m.43 Álex Flores; 3-1 m.60 Bolón; 3-2 m.71 Brais.

O Castriz acabou pedindo a hora

Vai acabar sendo o Ameixenda un xuiz (ou protagonista) da loita pola Liga da Costa. Os ceenses novamente amosaron a súa mellor versión ante un dos de arriba, ao que fixeron pedir a hora e tamén ao que tiveron contra as cordas. Do descaro inicial saiu o primeiro tanto, obra de Álex tras un claro penalti. O dominio era visitante,e incluso Andrés tivo o segundo nas súas botas. Co paso do tempo comezou a presencia dun Castriz que voltearía o marcador antes do intermedio. Dous goles dun Álex Flores decisivo, o primeiro nun balón interior que lle deixa ante o porteiro e o segundo tras unha xogada por banda, parecían desarbolar ao Ameixenda. E máis tras o gran disparo de Bolón que supuxo o 3-1, xa na reanudación. Pero, tras o 3-2 de Bras, de boa definición nun man a man, chegou o acoso visitante e unha nova demostración de cualidades por parte do Ameixenda. A anécdota foron os 25 minutos que formou como gardamallas Andrés, incluso con dúas meritorias estiradas.  

Fisterra 4-2 Porteño

  • Campo: Ara Solis.
  • Fisterra: Ángel, Rubia, Muntis (Javier m.87), Manuel Cartamil, Roco, Adri (Abel m.60), Piti, Pablo Lestón (Cote m.55), Bruno, Guardiola (Robertín m.65) e Adrián.
  • Porteño: Martín, Óscar (Javi m.46), Jose, Roi, Manuel, Quilmes, Iago (Rodri m.36), Cristian, Marcos, Grela (Curra m.60) e José Luis (Gabriel m.60).
  • Árbitro: Pérez Rellán (A Coruña). Amonestou a Pablo Lestón do Fisterra; Javi do Porteño.
  • Goles: 1-0 m.8 Adrián; 2-0 m.13 Adri; 2-1 m.27 José Luis; 3-1 m.35 Adrián; 4-1 Óscar, en propia meta; 4-2 m.79 Cristian, de penalti.

Huracán e calma

Catro goles na primeira metade deixaron ao Fisterra con calma durante toda a segunda metade. Tempo tiveron os de Nacho para saborear unha victoria despois de tres xornadas. O xogo e a pegada estiveron por enriba de compromisos anteriores. Pola súa banda, o Porteño só inquedou a balón parado.  

Cerqueda 2-2 Ponteceso

11 do Cerqueda ante o Ponteceso-Foto-SD 11 do Cerqueda ante o Ponteceso-Foto-SD
  • Campo: Xaviña (Buño).
  • Cerqueda: Diego Dourado, Eloy (Sergio m.54), Athu, Pazos, Albertiño (Jon m.86), Darío (Brais m.90), Dani, Fernandito, Lorenzo, Martín e Adrián (Luchi m.54).
11 do Ponteceso ante o Cerqueda-Foto-SD 11 do Ponteceso, co debut de Laik, abaixo á dereita, ante o Cerqueda-Foto-SD
  • Ponteceso: Brais, Collazo, Juanma, Charly, Adrián (Eloy m.18), Nando, Mendieta, Recarey, Dieguito, Puente e Laik.
  • Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña). Expulsou Dani (m.80) do Cerqueda; Puente (m.89) e Dieguito, unha vez finalizado o encontro. Amonestou a Dani, Fernandito, Brais, Albertiño, Lorenzo e Martín do Cerqueda; Dieguito, Martín Puente, Nando, Recarey do Ponteceso.
  • Goles: 1-0 m.6 Martín; 1-1 m.26 Albertiño, en propia meta; 2-1 m.38 Dani, de penalti; 2-2 m.52 Martín Puente.
Cerqueda-Ponteceso-Foto-SD Cerqueda-Ponteceso-Foto-SD

Unha roca chamada Cerqueda

O primeiro partido que esta tempada non gaña o Ponteceso foi co veciño Cerqueda, un novato cunha pinta de veterán que sorprende a cantos proban a súa receta. Non enganou a ninguén Emilio Uzal: cinco defensas, intensidade e búsqueda de espacios ás costas da zaga rival. E aínda por riba, aos seis minutos xa ganaba 1-0, grazas a un tanto de Martín, tras resolver de vaselina. Non era sufrida a resistencia cerquedense, aínda que tivo a mala fortuna de atoparse cun autogol de Albertiño, ante seu exequipo, nun centro lateral. O Ponteceso, con maior posesión, non atopaba o xeito de entrar nos dominios de Diego Dourado, e incluso máis preocupante foi co penalti marcado por Dani ao filo do descanso. Xa no segundo acto, coas propostas iniciais moito máis acentuadas, unha volea preciosa de Martín Puente puxo as táboas finais. Antes, Adrián errara un posible 3-1.  

Cabana 3-4 Esteirana

A Esteirana ganou nas Redondas A Esteirana gañou nas Redondas
  • Campo: As Redondas.
  • Cabana: Vázquez, Isma (Grille m.80), Jose Cabana, Valiña, Adrián, Aurelio (Manolo m.55), Fernando, Reigia (Eloy m.75), Diego (Fariña m.55) e Santi.
  • Esteirana: Manuel, Eloy, Adrián, Damián Suizo, Tobío (Rafael m.73), Marcos (David m.84), Jaime, Codesido (Iker m.80), Pablo (Martín m.62) e Róber Pladur.
  • Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña). Amonestou a David do Cabana e David da Esteirana.
  • Goles: 1-0 m.22 Diego; 2-0 m.25 Fernando; 3-0 m.27 Fernando; 3-1 m.38 Eloy; 3-2 m.50 Róber Pladur; 3-3 m.55 Eloy; 3-4 m.71 Codesido.

Despertou a bestia, para desgracia do Cabana

Dúas partes tremendamente diferenciadas tivo a remontada inverosímil da Esteirana en Cabana. Menos de un cuarto de hora necesitaro os habituais protagonistas Diego e Fernando para aproveitar a 'empanada' visitante no que a intensidade e defensa se refire. Sen embargo, Eloy, goleador antes do descanso, mantivo a respiración dos azulgrana. Pladur, con dúas dianas máis e cinco en sete días, contribuiu a unha remontada culminada por Alberto Codesido cun bo remate. Desapareceu na segunda metade o cadro local, con erros decisivos.  

Volantes de Baño 2-1 Coristanco

  • Campo: Eleuterio Balayo.
  • Volantes de Baño: Rubén Santos, Fran do Español, Mou (Tiko m.63), Juan do Sivil, Maceiras (Pardelo m.63), Javi, Iago, Uru, Cucurro (Ramónsiño m.63), Cajulo e Yanky.
  • Coristanco: Herrera, Mato, Jorge (Joni m.70), Rubio, Iván, Toni (Xavi m.60), Andrés, Alexis (Ivi m.55), Mallón (Samuel m.75), Gonzalo e Magovi.
  • Árbitro: Taboada Dafonte (A Coruña). Amonestou a Iago do Volantes de Baño; Gustavo do Corcubión.
  • Goles: 1-0 m.27 Yanky; 1-1 m.36 Mallón; 2-1 m.81 Yanky.

Soldado Yanky listo para bombardear

Chegou a primeira vitoria do Volantes de Baño nesta Liga da Costa. E chegou da única forma posible que se intuira nos dous empates anteriores: con goles de Yanky, e sen tantos en propia meta de Iago. Non foi precisamente o mellor encontro da tempada de ningún dos dous. Apenas houbo oportunidades de perigo, nin dinamismo no xogo. Abriu o marcador Yanky tras aproveitar á altura do punto de penalti un balón rebotado. Pouco lle duraría a alegría aos muradáns, que verían como Mallón batía a Rubén Santos nun balón morto. Non se veu radicamente arriba ningún dos dous conxuntos, e a falta de nove minutos novamente o 'terminator' Yanky atopaba o camino do gol. Foi nun balón que lle rebotou a el. Pero sempre está aí a dinamita lista para estalar.  

Camariñas 0-3 Sporting Zas

O Zas gañou en Camariñas-Foto-Camariñas O Zas ganou en Camarinas-
  • Campo: Hermanas Patiño.
  • Camariñas: Diego, Pablo Espi, Soule, Moriño, Carlos Meu Lar (Brais m.57), Yuyo, Kevin (Pabo m.70), Sergio, David, Pablo Mouzo (Sergio m.83) e Miguel.
  • Sporting Zas: Bugy, Rubén Forján, Josito, Braulio, Dieguiño (Steven m.78), Isma, Adri (Pablo m.80), Sande, Rubio (Diego Fernández m.70), Chapela (Dani m.70) e David Blanco.
  • Árbitro: Del Río Amor (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.41 David Blanco; 0-2 m.60 Sande; 0-3 m.82 Ismael.

Sinxelo para o Zas

Instálase na segunda posición un Sporting Zas superior onte ao Camariñas e que abriu o marcador pouco antes do intermedio, tras un pase de Rubén Forján a David Blanco. O de Neaño faría de asistente para Sande no segundo acto e compretaría a conta Isma, tras un saque de curruncho.  

Crónicas da 2ª Autonómica

Crónicas da semana

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios