![Camelle e Montelouro empezaron o partido amigablemente-Foto-Camelle]()
O Camelle e o Montelouro empezaron o partido amigablemente pero remataron a paus-Foto-Camelle
![A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com]()
A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com
Non cede o Corcubión de Emilio Corzón, que se mantén como indiscutible líder da categoría tras vencer, pola mínima a un bo Castrelo. O Laxe mantén a segunda posición de ascenso directo a pesar de descansar, e colócanse con 7 puntos o Muxía, o Nantón e o Montelouro. Vai ser longa esta 3ª.
Pero lamentablemente a protagonista da xornada volveu ser a pésima imaxe que damos a todo o fútbol galego. O partido celebrado no Rodeiro, entre o Camelle e Montelouro, acababa mesmo con feridos. Unha batalla campal ao final do encontro demostraba que algo temos que recapacitar co noso deporte.
Camelle 1-1 Montelouro
![Camelle ante o MOntelouro-Foto-Camelle]()
O Camelle ante o Montelouro-Foto-Camelle
- Campo: O Rodeiro.
- Camelle: Jimy, Sicario, Valiña, Lado, Peseta; Richar, Juasiño, Carlos de Dido, Mario, Felisiano e Jati. Tamén: Santi, Tonsón, Tedín, Dimitri e Toja.
![11 do Montelouro en Camelle-Foto-Camelle]()
11 do Montelouro en Camelle-Foto-Camelle
- Montelouro: Fernando, Abel, Juan, Pablo, César, Gabriel (Pedro, m.60), Xexo (David, m.40), Gelo, Riky e Geiko.
- Goles: 0-1, m.40: David; 1-1, m.80: Carlos de Dido.
- Expulsións: Os visitantes Pablo (m.50) e Riky (m.90) e o local Cristian (m.90)
Final de vergonza
Despois dun partido igualado, cunha mala arbitraxe, que conseguía igualar o Camelle no treito final, tras estar toda a segunda cun home máis, o pitido final acabou de facer saltar a lebre.
Os locais protestaron a presencia dun afeccionado loureán insultando tras a portería local. Saltou a presidenta camellá Ana Lelucho para separar ao afeccionado, xusto no momento no que o colexiado sinalaba o final do encontro. Armábase o lío aí xusto cunha tangana na que os loureáns denuncian que foron agredidos gravemente, entre eles Pedro, que tivo que se atendido dunha brecha no pómulo no Centro de Saúde.
En todo caso, e fora de quen fose a culpa, consideramos non é defendible a actitude de ningún dos participantes na liorta.
Seaia - Lira (1-0)
- Campo: Pedra Queimada.
- Seaia: Jorge, Ramón, Vistas, Pepis, Carabel, Parga, Guille (Michi, m.30), Cristian (Paco, m.80), Sergio (Roke, m.75), Nacho e Pablo (Eiroa, m.80).
- Lira: Catalán, Jesús, Germán, Eloy Muros, Choqueiro, Rubén, Miky, Costa, Zeuz, Silva, Manu e Aitor.
- Gol: 1-0, m.70: Vistas tras un córner.
Só queda un sen puntuar
Duelo de pechacancelas en Pedra Queimada que permitía ao Seaia sumar os seus primeiros puntos e deixa ao Lira sen estrear o taboleiro. Non foi un gran partido pero o cadro local estivo máis entonado. Saíu o Seaia con forza e nos primeiros compases xa tiñan algunha ocasión, con varios tiros e mesmo un que repeleu o longueiro.
O Lira intentaba recuperarse pero a marea de baixas fai que o seu potencial diminúa. O Seaia pedía un penalti que o colexiado non viu pouco antes de que Vistas marcase o único gol do partido. Quedaban 20 minutos e o Lira estirouse obrigando ao Seaia a dar un paso atrás. Pero non houbo demasiadas ocasións máis para ningún dos dous equipos.
Corcubión 1-0 Castrelo
- Campo: Novo Cubaleiro.
- Corcubión: Miguel, Adri, Pablo, Senra, Balucho, Edu, Sebas, Roca, Toja, Mario Suárez e Lema. Tamén xogaron: Tito, Alán, Iván, Marco e Checho.
- Castrelo: David Caamaño, Gustavo (Raúl), Luís, Marcos, Víctor; Maikol, Martín; Estiven, Suso (Dani), Roi (Añón) e Elvis.
- Gol: 1-0, m.8: Mario Suárez marca un golazo.
Implacable líder
![O líder da 3ª, a UD Corcubión -Foto-UD]()
O líder da 3ª, a UD Corcubión -Foto-UD
Nova vitoria do Corcubión de Emilio Corzón e xa van 5 de 5. Comezaba dominando o partido pero Roi tiña un man a man no que se entretivo demasiado. Pronto Mario Suárez abría o marcador cun gran remate dende o segundo pau. Tivo outra para ampliar a renda e Lema tamén, pero non tiña o día acertado cara ao gol.
Pouco a pouco estirábase o cadro vimiancés despois de moitos minutos descolocado, e tiña unha ocasión inmellorable para empatar que salvaba Sebas baixo paus.
Baixou o ritmo na segunda metade, cun lixeiro dominio local pero moitas menos chegadas arriba. Miguel tivo un par de intervencións na meta local, e o Corcubión buscaba a profundidade de Tito e Lema e volveu ser Mario Suárez o que tivo a sentenza.
Muxía 2-1 Nantón
- Campo: Arliña.
- Muxía: José, Currás, MacAreno, Peski (Castreje, m.60), Martín, Álex (Juan, m.65), Conguito (Cris, m.70), Adrián (Ruso, m.80), Julián, Benlloch e Manuel.
- Nantón: Chechu, Maikel (Guille), Silva (Patelele), Guau (Carlos Vidal), Diego, Budi, Fabio, Redondo (Lareu), Enmanuel, Martín e Iván.
- Goles: 1-0, m.3: Adrián; 2-0, m.30: Benlloch; 2-1, m.65: Carlos Vidal de penalti.
- Expulsión: o visitante Chechu (m.60).
Os de Manín aproveitan unha frouxa primeira parte do Nantón
O Nanton pagou cara unha primera parte moi apática ante un Muxía que chegaba en tres ocasions e marcaba en dúas de elas. Adiantábase axiña o Muxía cun balón en longo no que Chechu dubida na saída e a defensa tarda en replegarse, e Adrián non perdoa. Á media hora, despois de minutos de manobra, Benlloch fai o 2-0 para os locais.
Mentres, o Nantón non era capaz de ter o balón nin combinar nun campo no que o estado do terreo de xogo o facía máis difícil aínda. Aínda así, o equipo de Carlos Margarida chegou ata a meta local pero sen acerto, a máis clara unha de Iván, que mandaba o balón ao pau.
Na segunda, coa entrada do presi Carlos Vidal, os cabaneses gañaron en presencia no medio campo e asumían o dominio, pero a expulsión de Chechu deixábaos con 10 e dous goles abaixo e con Guille baixo paus. Non decaeron e foron polo empate. Recurtaba Carlos Vidal dende os 11 metros tras un penalti cometido sobre Enmanuel, pero a pesar de empurrar ben, non chegou o empate.
Felicitou Manín os cabaneses que marcharon de Arliña sen premio, mentres o cadro muxián suma xa 7 puntos.
Por certo, contenta está a parroquia de Nantón pois David, que sufrira unha grave lesión a semana pasada, xa saíu do Hospital. Sorte para a pronta recuperación!
Crónicas da semana
Conversas co Mito
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).