venres. 09.05.2025
El tiempo

65 inscritos optarán ás 15 prazas do primeiro curso da pioneira Escola de Hostalería de Carballo

65 inscritos optarán ás 15 prazas do primeiro curso da pioneira Escola de Hostalería de Carballo
Escola de Hostaleria de Carballo

A aceptación dá conta da necesidade de formación hostaleira que ten a nosa comarca. Hai 15 días que se abriu o prazo para a pioneira Escola de Hostalería do Fórum Carballo,, e xa son 65 os inscritos que optarán ás 15 prazas dispoñibles no primeiro curso. Hoxe mesmo o Concello fai público esa listaxe dos 65 admitidos, que tiveron que cumprir apenas un par de requisitos: ter 18 anos cumpridos e posuír unha titulación mínima de graduado en ESO ou equivalente, ou ter 3 anos de vinculación laboral demostrable no sector da hostalería. .

Deste xeito, o primeiro centro municipal de Galicia botará a andar nas vindeiras semanas. Antes tocará desenvolver o proceso de selección, que consistirá en tres probas eliminatorias nas que será preciso acadar unha puntuación mínima de 5, e a súa porcentaxe sobre a nota final será do 20, o 30 e o 50%, respectivamente. Á proba final só accederán as 30 persoas con maior puntuación nos dous primeiros exames.
A primeira proba será teórica e escrita, e terá como obxecto avaliar os coñecementos, aptitudes e habilidades dos/as aspirantes neste ámbito profesional. A segunda proba consistirá nunha entrevista curricular e por competencias que permitirá valorar a actitude, motivación e interese pola acción formativa dos/as aspirantes, a súa traxectoria laboral no sector e a súa idoneidade para o posto. Tamén se terá en conta a dispoñibilidade horaria e xeográfica. Nesta fase poderase aportar toda a documentación curricular que se considere precisa.
A terceira proba, de carácter práctico, que ben poderá consistir na elaboración dun prato nas instalacións de hostalería do Fórum Carballo ou en empratar unha elaboración previamente cociñada. Os 15 mellores serán admitidos/as e o resto quedarán como suplentes.

Aberto o prazo para o curso de metal

Ademais, Segue aberto ata o mércores 15 o prazo de inscrición para o curso de metal, no que xa hai 24 candidatos.

Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios