mércores. 07.05.2025
El tiempo

A Deputación destina 456.000€ á financiación do servicio de normalización lingüística dos concellos

A Deputación destina 456.000€ á financiación do servicio de normalización lingüística dos concellos
snl-deputacion Gorettti Sanmartin, responsable da área de Normalización Lingüística da Deputación, destacou o valor dos profesionais A área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña destina un total de 456.000,00 € ao financiamento dos servizos de normalización lingüística dos concellos. En total, 37 concellos e unha mancomunidade son os beneficiarios da liña da Deputación pola que este ano se crean 8 novos servizos municipais. En canto á bisbarra, serán nove os concellos que reforcen os seus servizos de normalización lingüística: Carballo, Carnota, Cee, Dumbría, Fisterra, Muros, Ponteceso, Santa Comba e Vimianzo (que comparte co de Zas). Das 38 entidades beneficiarias da liña da área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, oito serán para a creación de novos servizos. Arzúa, Cedeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Sada, Oroso, Rianxo e Cambre son os municipios que terán, a partir de agora, novos servizos dedicados á normalización lingüística que contan co financiamento da Deputación da Coruña. Nesta nova convocatoria, a liña incluía como novidade a posibilidade de solicitar servizos para concellos desde os 5.000 habitantes, 2.000 menos que na anterior edición. A Baña, A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Ames, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Culleredo, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Melide, Miño, Muros, Narón, Oleiros, Oroso, Outes, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo e Vimianzo, ademais da mancomunidade de Orde, son as entidades municipais ás que se lle concedeu subvención a través da liña de axudas da área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña. Cada unha delas recibirán un total de 12.000 € para o financiamento do servizo. A vicepresidenta e responsábel da área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña - Goretti Sanmartín - sinala que, con esta liña de axudas búscase a consolidación “dos servizos nas administracións locais, fundamentais para o proceso de normalización lingüística, entre outras cousas, porque son as que teñen máis proximidade coa veciñanza”. Destacou tamén "o valor do persoal de profesionais que están a traballar nese ámbito que é, finalmente, de especial relevancia á hora de promover nas entidades locais o uso da nosa lingua". A convocatoria diríxese a concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais para a creación, mantemento e reforzo dos servizos que teñen como obxectivo a promoción da lingua galega. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación da Coruña

Comentarios