A familia da Xan Mella celebrou a Comida do Coralista
06:44 13/10/16
Comida Coralista da Xan mella
Como é tradicional os compoñentes da Coral Xan Mella de Baio-Zas xunto a familiares e amigos celebraron o pasado domingo a Comida do Coralista nunha finca do Allo, xentilmente cedida polo empresario baiés Emiliano Busto. Suso Tanara e Maruja Canay foron os encargados de cociñar dúas pantagruélicas paellas para coller forzas para as vindeiras actuacións nos festivais de Santa Cecilia en Carballo e Bueu (Pontevedra).
Xa andan ademais preparando para o acto máis importante do an, a celebración en decembro e na casa, en Baio, do XIII Memorial Pepe Valiña.
Fonte
- Xan Mella.