Martes. 07.05.2024
El tiempo

A quebra de Lácteos Pérez deixa no aire a viabilidade de medio centenar de explotacións gandeiras de Mazaricos

A quebra de Lácteos Pérez deixa no aire a viabilidade de medio centenar de explotacións gandeiras de Mazaricos
Industria Lacteos Perez

Onte daba a coñecer o Concello de Mazaricos que a industria Lácteos Pérez, unha das poucas do sector que temos na zona, entraba en concurso de acredores. Un problema que non só afecta aos traballadores da fábrica, senón que ademais pon en perigo a viabilidade de medio centenar de granxas mazaricanas, xa que ten unha débeda duns 550.000€ para cos gandeiro do concello.

O Concello mazaricán, o primeiro en mover ficha, asegura que "non é alleo a esta situación nin ao perxuízos das granxas afectadas" e veñen de facer unha unha "petición á Conselleria de Medio Rural para que tome cartas no asunto ante a delicada situación económica destas explotacións gandeiras". Piden dende o concello, e sen ánimo de politizar, unhas axudas puntuais e excepcionais para os máis desfavorecidos, os gandeiros".

Ademais, o Concello de Mazaricos ponse "ao dispor dos afectados para axudalos, asesoralos e colaborar en todo o que precisen".

Concurso de acredores

A industria queixeira xalleira estaba pendente de poder levar adiante xunto ás marcas Lasurgal e a cooperativa Icos, o proxecto DairyGal ou Dairy Ruta Xacobea para sacar novas liñas de transformación. De feito, a Xunta estaba a piques de aportar unha serie de axudas para o proxctos, antes de descubrir os 3 millóns de débeda con Facenda.

Nestas primeiras semananas, o administrador concursal está recadando información sobre as débedas reais da empresa para cos gandeiros. Pero estes son os grandes perxudicados do proceso, pois os proveedores serían os últimos en cobrar (antes vai facenda, un fondo de investimento...), con quitas de máis de 50%, no postivo caso de que consideren a empresa viable. Se a empresa se disolvese, os gandeiros quedarían sen cobrar. Estes procesos adoitan levar entre 2 ou 3 anos, polo que a situación dos gandeiros é de extrema gravidade en calquera caso.

De feito, na reunión celebrada este venres en Santa Comba, víronse bágoas entre gandeiros que fixeron nestes anos serios investimentos nas súas granxas e que agora é posible que teñan que pechar.

Novas relacionadas Fonte

Comentarios