Xoves. 20.06.2024
El tiempo

Medio millar de atletas gozaron, a pesar da chuvia, da VII Carreira Pedestre de Mazaricos

Carreira Mazaricos 2024-Chicas
Medio millar de atletas gozaron, a pesar da chuvia, da VII Carreira Pedestre de Mazaricos

A sétima edición da Carreira Pedestre de Mazaricos, integrada no circuíto de carreiras populares Correndo pola Costa da Morte, tivo lugar este domingo coa participación de aproximadamente cincocentos corredoras e corredores de todas as idades. A carreira desenvolveuse baixo unha constante chuvia que non impediu o bo humor e a práctica deportiva.

Carreira Mazaricos 2024-Veteranos

Na categoría absoluta 10k, os vencedores foron Francisco Pais Fondo e Tina Fernández Barreiros, ambos da SD Compostela. Alejandro Pardo Bello e Borja Álvarez Martínez, completaron o poidio masculino.

O podio en sub18 feminino foi para Xoana Méndez González (ADAS CUPA). En sub20 feminina, a corredora Alba Felpeto da SD Compostela Atletismo foi primeira. En sub20 masculina, subiron ao podio Hugo González Lestón (Triki Team) e Xoel Forján Martínez (Triatlón Costa da Morte).

Na 10k sub23 masculina, subiu ao podio Ramón González Pais, corredor do Club Atletismo Sar. En senior feminina, as tres primeiras foron Adriana Modia Caridad, Noemí Pena Carbón (Club Atletismo Estrada) e Laura Abel Asorey (Noitebra FC).

En Master 1 Feminina, subiron ao podio Marta Pereira Bello, Mónica Busto e Laura Saavedra Delgado (BJ Running Team). Na masculina, Ricardo León Viñas (Atletismo Sar), Jorge Rodríguez Lariño (Asociación Deportiva Olimpia) e Alberto Pardo Montero.

En master 2 feminina, a gañadora foi Tina Fernández Barreiros (SD Compostela Atletismo), seguida por Ana Martínez Martínez (Clube de Atletismo Serres Runners) e Martina Tasende Andrade (ADAS O Barco).

Na súa contrapartida masculina de master 2, o primeiro foi Pedro Traba Caamaño, do Club Atletismo Outes. Acompañárono no podio Kiko Roca Ledo (Team Roca) e Josecho González Rey (O Jerreiro Carnota).

En master 3 feminina, o podio foi para Mari Carmen Rodríguez Golán, Elena Miguens Otero (Club Atletismo Sar) e Luisa López García (Club Atletismo Sada). Na masculina, foron José Carlos Buján Otero (Noitebra FC), Juan Carlos Fernández Lago (Clube de Atletismo Serres Runners) e Enrique Santos Lorenzo, do Terra de Soneira CD.

Por último, dentro do 10K, subiron ao podio en master 4 feminina Ángeles Rodríguez del Río (Atletismo Ordes), Silvia Sánchez Bascoy e María Begoña Ramos Suárez (Entrenarunning). En masculina, Ramiro Pérez Pereira (Club Atletismo Sar), Francisco Javier Cepeda Gacio (SD Compostela Atletismo) e José Pardiñas Alvite.

Christian Danís Castro, da SD Compostela Atletismo, levou o premio no ranking dos corredores locais.

 Carreira Mazaricos 2024-2

Categoría 3k

Carreira Mazaricos 2024-podio

Pola súa banda, na categoría 3K absoluta, o podio feminino foi para Eva Formoso Recarey (Triki Team), a mazaricá Rocío Alvite Ferreiro (madriña da carreira e membro do Clube Atletismo Sar) e Loreto Sambade Lestón (Triki Team). Na masculina, o gañador foi Martín Regueira Rellán (Atletismo Coruña Comarca), seguido por Anxo Lado López (Asociación Deportiva Olimpia) e Damián Álvarez Tajes (Terra de Soneira CD).

En 3k sub14 feminina, as gañadoras foron Cayetana García Recarey (Club Atletismo Noia), Xoana Rodil Illobre (Club Triatlón Compostela) e Vega Rodríguez Blanco (Club Atletismo Noia). Na masculina, Josep Bastos Diz (CSCR de Beade), Marcos Barcala López (Club Atletismo Tambre) e Daniel Ginzo González (Club Triatlón Compostela).

En sub 16, as gañadoras foron Carmen Paz Santamaría (Club Atletismo Noia), Ana Ézara Andrade (AD Fogar) e Icía Castro Fandiño (Club Atletismo Tambre), e Diego Ambite Santana, Iker Ayaso Parada (Santa Uxía Atletismo) e Xoán Iglesias Ferreiro (Asociación Deportiva Olimpia).

En sub18, a campioa feminina foi Laura Castiñeira Bustamante, seguida por Martina García Traba, ambas da Asociación Deportiva Olimpia. Seguiunas no podio Fátima Bermúdez Carretero. O campión masculino foi Pablo Lestón Uhía do CC Muros, Álvaro Carreira Saborido e Izan Pérez Caamaño (Asociación Deportiva Olimpia).

Sub 12

O podio masculino na categoría sub12, a máis madrugadora da carreira con saída ás 10:30h, foi para Xabier Rodil Illobre (Club Triatlón Compostela), Fabio Mesías Carballo e Xoel Lires Vidal (Asociación Deportiva Olimpia).

O podio feminino foi para Icía López Ojén (Club Atletismo Sada), Ainhoa Reboiras Bustelo (SD Compostela Atletismo) e Sara Roca Castro (Team Roca).

Sub 10

Na categoría de corradoras e corredores máis novos con podio, gañou en masculino Lukas Romero Álvarez, Xoel Mirás Neira (Club Triatlón Compostela) e Raúl Atán Crespo.

En sub 10 feminino, a gañadora foi Celia Mella Rama, do Club de Atletismo MillaRaio. Foi segunda Paula Roca Castro (Team Roca) e terceira Sofía Calo Castro (Asociación Deportiva Olimpia).

Carreira Mazaricos 2024-Nenas

Comentarios