Máis de 800 persoas gozaron da Festa dos Maiores de Mazaricos

Preto de 800 persoas desfrutaron o pasado sábado 27 de abril da 27ª edición da Festa dos Maiores de Mazaricos. Unha celebración que xuntou unha boa parte das e dos veciños do municipio de 60 ou máis anos de idade, e onde estiveron presentes tamén representantes de todos os grupos municipais que quixeron compartir esta data coas persoas maiores.
As e os asistentes desfrutaron dun menú de empanada, polbo á feira e carne ao caldeiro. Ao remate do xantar, recibiron un recordo conmemorativo, libretas e bolígrafos, que lles foron entregados polo alcalde, Juan Blanco, e a concelleira de Servizos Sociais, Sandra Alvite.
Posteriormente, o Dúo Élite amenizou a tarde cun animado baile que puxo fin a unha celebración que cada ano congrega centos de persoas