3ª Galicia: O Corcubión e o Lira, favoritos para a última xornada
Unha xornada para o remate desta 3ª e quedan dúas loitas case perfiladas.
Non fallou o Corcubión en Cee e se vence na casa ante o Zas, superará a un Sofán que ten que descansar, e será novo equipo da Liga da Costa acompañando ao Xallas nos dous postos de ascenso directo.
Pero o Zas chegará ao Cubaleiro xogándose a Promoción. Os zaseiros teñen un punto menos que o Lira, que despois de verse completamente fóra da pelexa tras unha aliñación indebida, chega a última xornada como máximo favorito, tendo en fronte na última xornada a un Ameixenda que leva 0 puntos no que vai de liga. Tremenda a celebración en Lombáns do gol da vitoria de Oli no minuto 95, un gol que vale media promoción.
Os que perdían a ocasión de loitar a última hora pola promoción foron Cerqueda e Malpica, perdendo os seus partidos ante Buño e Sofán B.
Cómpre lembrar, en todo caso, que haberá dous ascensos na Promoción. Enfrontaranse 6º contra 3º e 5º contra 4º a unha eliminatoria a doble partido coa ida no campo do peor clasificado, e os dous equipos que pasen a primeira eliminatoria a doble partido serán equipos da Liga da Costa. Soneira e Oza xa será unha desas eliminatorias (dase a circunstancia que xogarán tamén a última xornada de Liga), mentres que a outra depende de Corcubión e Sofán B por un lado, e de Lira e Zas polo outro.
Soneira - Ameixenda (4-0)
- Goles: 1-0, m.10: Oreiro; 2-0, m.77: Gabi; 3-0, m.77: Gabi; 4-0, m.89 Nando a pase de Gabi.
Pouco que contar no choque dun Soneira que tiñan na cabeza máis o que deixaron escapar a semana pasada que no partido. Os de Abelenda dominaron territorialmente, pero sen moito aquel. Tiveron que saír os dous cadetes (ademais do habitual no 11, Héctor) que debutaban onte Gabi (con 2 goles) e Jose Antonio para esperar aos de Josiño Abelenda e certificar a vitoria.
Laxe - Seaia (3-4)
- Goles: 1-0, m.11: Bieito; 1-1, m.13: Charro; 2-1, m.19: Jacobo; 2-2, m.22: Juni; 2-3, m.20: Luisma; 2-4, m.37: Juni; 2-4, m.45: Carrabete.
Partido igualado, con moitas baixas dos dous bandos, con moitos erros defensivos, e moita alegría en ataque. A segunda metade, moito máis calmada que unha primeira de tolemia goleadora.
Lira - Xallas (2-1)
- Lira: Raúl, Isaac, César, Cartamil, Amoedo, Marcos, Pablo Leis, Migueliño, Ángel Sestayo, Ángel Vigo, e Oli. Tamén: Aron, Marcos, Christian, Ramón, Alexis Lago.
- Xallas: Fabián, Joel, García, Ramón, Adrián Couto, Adrián Forján, Suárez, Doro, Rubén Sande, Rubén Blanco e Sergio Barbeira. Tamén: Íker, Julián, Dani Picallo, Roi e Adrián López.
- Goles: 0-1, m.36: Rubén Blanco de cabeza nun córner; 1-1, m.39: Pablo Leis; 2-1, m.95: Oli.
Partido tremendo en Lombáns cun Lira que se xogaba todo ante todo un Xallas. O cadro de Doriño saía mellor, tendo ocasións, pero certo que neste final de campaña teñen a pólvora mollada os dianteiros. Si que se adiantaban os xalleiros cun golazo de cabeza de Rubén Blanco, pero os lirachos víñanse algo arriba e conseguían apurar cunha ocasión de Oli¡, cun gol anulado a Pablo, que si marcaba antes do descanso.
Dominaba tamén o Xallas no comezo da segunda, contentos polo debut de Íker, porteiro de primeiro ano xuvenil. Pero pouco a pouco o choque se convirte nun ida e volta. Os xalleiros tiñan algunhas ocasión sobre todo por medio dos Rubéns, e os lirachos tamén por medio de Oli, Alexis ou Marcos. Cando parecía todo o peixe vendido, no deconto, Raúl saca longo, Oli faise co alón e mete un golazo pola escadra desde fora da área para deleite da parroquia liracha, que afronta a última xornada coa ilusión intacta para meterse nunha soñada promoción.
Malpica - Sofán B (0-1)
- Malpica: Nacho, Jorge Parga, Fran Pombo, Diego, Adrián Pose, Cristian, Lou, Aday, Chicha e Ibra. Tamén: Lamas, Pablo Pombo, Aitor, Moussa, e Arcay.
- Sofán B: Mario, Marcial, Raúl Rod., Iván Fdez., Dani Calvete, Borja Viaño, Mario Vila, Ceide, Ba, Nacho Moreno. Tamñén: Eloy Cabeza, Adrián Vázquez, Manu Castro, Nachete e Manu Cancela.
- Gol: 0-1, m.18: Raúl Rodríguez nun córner.
Fermoso igualado cos dous equipos xogándose moitas cousas. Comezaba o choque cunha gran ocasión para o Malpica na que Loureiro quedou só diante de Mario tras unha prolongación de Ibra pero non acertou. O Sofán apretaba a balón parado, mandaba unha falta de Mario ao longueiro e se metía por diante nun córner.
Na segunda o Malpica encerrrou na sua área aos carballeses, sobre todo trala expulsión de Mario Vila que deixou aos carballeses con 10 o último cuarto de hora, pero os malpicáns non foron capaces de empatar a pesar das numerosas ocasións.
Zas - Nantón (5-1)
- Goles: 1-0, m.5: Javi Suárez de penalti; 2-0, m.10: Javi Suárez; 3-0, m.15: Javi Suárez de penalti; 3-1, m.25: Iván Moreira; 4-1, m.30: Raúl Corzón; 5-1, m.88: Ronny.
Saían os zaseiros moi enchufados ante un Nantón que non saía moi centrado, e que ademais sufría 2 penaltis (5 nos últimos 4 partidos). Javi Suárez facía outro doblete, este en 15 minutos, e deixaba o choque listo para sentenza.
Despois do descanso o Nantón foi mellor, tendo máis ocasións, pero non conseguía recurtar, dando así unha vitoria que vale de pouco para os zaseiros.
Buño - Cerqueda (2-1)
- Buño: Fran Souto, Elías, Alan, Fran Santiago, Miguel Dourado, Breo, Eloy Santos, Jose Castro, Hugo, Jesús e Brais Fraga. Tamén: Facal.
- Cerqueda: Mario, Verdes, SAmuel, Dani Reixía, Iván Blanco, Joel, Gustavo, Sergio, Suso, Rubén e Andrés. Tamén: Julián, Íker, Martín, Hugo e Palermo.
- Goles: 0-1, m.20: Suso; 1-1, m.27: Brais Fraga; 2-1, m.60: de penalti.
Deixou fóra da loita pola promoción o Buño ao seu veciño Cerqueda. Non houbo tregua neste derbi de rivalidade, que comezaba cun Cerqueda máis encima, tendo varias ocasións incluídos un tiro ao longueiro, e un tanto por medio de Suso. Pero pronto chegaba o empate nunha xogada con varios rexeites.
A segunda foi máis parella, e eran os oleiros os que se adiantaban dende os 11 metros. Os cerquedáns non se deron reposto das ocasións falladas na primeira metade, o "talón de aquiles" este ano dos de Emilio Uzal, quedando así fóra da pelexa pola promoción.
Pereiriña - Corcubión (1-3)
- Pereiriña: Isma, Eloy, Pablo Trillo, Oca, Estebo, Chiru, Fabián, Jose, Martín, Brais Lagoa, e Tito. Tamén: Saulo, Esteban e Christian.
- Corcubión: Bruno, Martín, Lema, Mario, Isaac, Gorka, Goche, Díaz, Nando, Luis Lojo e César. Tamén: Antu, Alán, Íker e Samu Trillo.
- Goles: 0-1, m.25: Iago Lema nun córner; 1-1, m.32: Saulo; 1-2, m.39: Iago Lema nun córner; 1-3, m.60: Luís Lojo.
Partido de moita tensión e rivalidade entre os equipos veciños, medindo moito os tempos e sin arriscar. A diferencia na táboa non se vería no campo e foi un toma e daca constante. Nun córner golpearía primeiro o equipo visitante por medio de Iago Lema, pero acto seguido un man a man de Saulo pudo empatar o partido. Errou o primeiro cando tiña toda a portería para él, pero minutos despois, no segundo conseguiu batir a Bruno cun gran amago. Antes do descanso repetiríase o guión do primer gol, Lema de córner de novo.
Xa na segunda, os visitantes dominaron máis o xogo e sería Luis o que faría o terceiro tras unha internada de César. A partir de aí o ritmo baixou e con ese resultado se chegaría ó final do partido.
CRÓNICAS DA 3ª GALICIA
- X.28: O Corcubión rompe a imbatibilidade do Xallas e se pon de favorito para o ascenso.
- X.27: Sofán B, Corcubión e Soneira poderían rematar a liga nun triple empate.
- X.26: Sofán B e Soneira loitan polo ascenso directo e Lira e Cerqueda pola promoción.
- X.25: Dúas loitas moi vivas.
- X.24: O Xallas sentencia o ascenso directo.
- X.23: Sofán B e Soneira manteñen a loita viva polo ascenso directo.
- X.22: O Zas frea ao Soneira e presenta a súa candidatura á promoción.
- X.21: Dúas batallas moi abertas.
- X.19: O Xallas tamén supera a proba do Sofán B e o Soneira xa se coloca 2º.
- X.18: O Sofán B fíxose co intenso derbi carballés.
- X.17: O Xallas sufriu para sumar o seu 16º partido sen perder ante o Zas.
- X.16: O Soneira pega na mesa.
- X.15: Rematou a primeira volta da mellor 3ª en anos.
- X.14: Xallas e Sofán B rematan o ano sen coñecer a derrota.
- X.13: Doble empate nos partidos da xornada.
- X.12: O choque da primeira volta acabou nun partido de waterpolo.
- X.11: A pelexa pola segunda praza de ascenso directo.
- X.10: 3ª Galicia: Malpica e Soneira asinaron táboas mentres o Oza golpea a reacción do Zas.
- X.9 Escapa o Xallas.
- X.8: O Xallas frea ao Malpica.
- X.7: Xallas e Malpica desmárcanse.
- X.6: Este Malpica vai en serio.
- X.5: Un par de goleadas inesperadas.
- X.4: Moitas espadas afiadas.
- X.3: Xallas e Buño quedan sós no alto da táboa.
- X.2: 3ª Galicia: Zas e Cerqueda avisan a Xallas e Soneira.
- X.1: 3ª Galicia: Xallas e Zas presentan credenciais e o Sofán B avisa ao Soneira.