![Semana_Cultural_Zas]()
Comeza a ulir á
festa da Carballeira en Zas. O paso previo a un dos
festivais por excelencia da Costa da Morte arranca o vindeiro domingo cunha Semana Cultural organizada polo concello e que vén cargada de actividades para todos os públicos. Comeza ás 22 horas na praza do concello de Zas coa
proxección dun documental sobre o accidente do Alvia en Angrois, “Frankenstein – 04155: ¿Que hai detrás do accidente ferroviario máis grave da democracia?” de Aitor Rei.
Un
obradoio de pintura na rúa con David Planas para nenos e nenas entre 5 e 12 anos; exposicións de bordado, tapicería e outras manualidades e un curso de iniciación ao baile tradicional da man do grupo Churía da A. C. Castro Meda de Zas serán as citas que teñan continuidade durante toda a semana.
Na programación da Semana Cultural de Zas tamén haberá sesións de contacontos, música infantil e dous mológos da man de
Pepe Capelán (luns ás 21:30 horas) e de
Federico Pérez (mércores ás 21:30 horas). O baiés
Jorge Mira presentará o martes día 2 o seu último traballo "A que altura está o ceo?". A cita terá lugar ás 21:30 horas no centro sociocultural de Zas. Xusto despois, a iso das 22:30 horas, o físico guiará unha
visita nocturna ao Pico de Meda.
Outra das citas fortes da Semana Cultural de Zas é un
percorrido polo patrimonio do municipio, no que os participantes vistarán Brandomil, Brandoñas, a Arca da Piosa, a santa de Muíño e Roma da man de Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema. A expedición sairá o xoves, ás 15:30 horas, e é preciso apuntarse para participar. Tamén o xoves, ás 21:30 horas, o auditorio de Zas acolle ás 21:30 hroas
a obra "O día do Pai" de Malasombra Teatro.
E despois dunha semana de intensa actividade cultural, o venres dará comezo a
33 edición da Festa da Carballeira con Mägo de Oz como protagonistas da noite. A sesión vermú, a mexilloada, a foliada e os concertos máis folk continúan o sábado.
Consulta
o programa completo aquí da Semana Cultural de Zas.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Concello de Zas