Abelleira e Independiente xogaranse o 39º Campionato de Barrios


As Festas do Carme de Esteiro, ademais das verbenas e da procesión marítima, teñen unha cita moi especial. O domingo 14 terá lugar a final do torneo máis importante do verán costeiro. Chega ao seu remate a 39ª edición do Campionato de Barrios de Esteiro, e farao cunha finalísima entre Abelleira e Independiente.
Mandaron na fase regular, e nas semifinais puideron cos Ciclóns do Maio e o Cánchester con goles de Álex. Con máis de 500 persoas no Xosé Luís Vara, e un gran ambiente a pesar da abafante calor, o Independiente venceu 2-0 aos Ciclóns e o Abelleira venceu ao Cánchester por un rotundo 5-0, cos tantos de Ancho (2), Adri, Cristian e Adán.

A Culler de pau
Un ano máis o equipo do Praias de Raimundes “alcanzou” a "cuchara de pau" que é trofeo que se lle outorga ao último clasificado no campionato.No tocante aos premios individuais o Independiente arrasou e Mitri levou o trofeo ao máximo goleador e MJ ao porteiro menos goleado.
Novas relacionadas
- 2016: Abelleira e Independiente pelexan polo liderado do 39º Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2014: O Independiente, campión do Campionato de Barrios de Esteiro 2014.
- 2014: O Cánchester cambia a cuchara de madeira polo liderato do Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2013: O Campionato de Barrios de Esteiro, unha competición singular.
- 2012: Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).