Vén de presentar o Concello de Carballo o almanaque 2025, no que a gastronomía é protagonista. Doce cociñeiros e cociñeiras poñen a súa cara propoñendo ademas as súas elaboracións, unha para cada mes do ano.
No calendario (deseño realizado por Alberte Sánchez e Úrsula Prego, de Distrito Xermar) participan Nacho Novoa Cousillas, David Fariña Varela, Carmen Bello Pallas, Juan Carlos Lage Varela, Chisco Ramos Varela, Adrián Felípez Agrelo, Pablo Iglesias Pérez, María José Seoane Moreira, Miguel Giaquinto Arán, Xusto Posse Rodríguez, Sergio Recarey García e Rocío Martínez Rodríguez, todos e todas con moita experiencia no mundo da restauración.
O calendario está a disposición de toda a veciñanza, de balde e ata fin de existencias, en tres edificios municipais: casa do concello, Biblioteca Rego da Balsa e Museo de Bergantiños.