domingo. 05.04.2026
El tiempo
Muxía

Así foi, en fotos, a XXVIII Festa do Congro de Muxía

A XXVIII Festa do Congro foi todo un reclamo para as xentes que se achegaron por Muxía durante esta Semana Santa, coa tradicional degustación deste peixe no porto de Muxía, organizada por Muxía Cultural, un proxecto do Concello de Muxía e Horta Creativa. 

A degustación estivo amenizada polos Xaramiños do Corpiño. Á tardiña houbo momento de charangas e a xornada rematou con música no Malecón.

Muxía celebra en Semana Santa unha das festas gastronómicas con máis arraigo na vila: a Festa do Congro. Dende 1997 celébrase esta festa que exalta un dos produtos máis típicos da zona, ofrecendo a degustación do congro nas súas diferentes variantes, nun ambiente festivo amenizado por música. 

 
Así foi, en fotos, a XXVIII Festa do Congro de Muxía