Martes. 01.12.2020
El tiempo

4 novos vehículos para a recollida de residuos da Laracha

4 novos vehículos para a recollida de residuos da Laracha

Este pasado mércores os 4 novos vehículos de Coregal, adquiridos a través do modelo renting de CaixaBank, invadiron a praza do Concello da Laracha. Era a presentación da nova flota que suporá unha importante ampliación de servizos e rutas de recollida.

A empresa, que forma parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), ten a adxudicación dende o mes de xullo, dende que leva recollidas 24 toneladas. Ademais vai incluir 300 colectores novos, empregados para a recollida de envases lixeiros e para a materia inorgánica.

Esta iniciativa empresarial de economía social que emprega a persoas con discapacidade, conta cunha planta de recollida de residuos situada en Carballo que presta servizo á comarca de Bergantiños. Actualmente, o cadro de persoal de dita planta está formado por 27 persoas traballadoras, das que 8 prestan servizo no Concello de A Laracha.

Ademais, o Concello de A Laracha confírmase como referente a nivel galego na posta en marcha da recollida selectiva da fracción orgánica, que pasou de unha a dúas toneladas semanais recollidas durante o período comprendido entre o 20 de xullo e o 30 de outubro.

Novas relacionadas

comentarios