Venres. 26.04.2024
El tiempo

A recollida selectiva da 5ª fracción, unha oportunidade industrial

colector marron ti tes a chave
O colector marrón da 5ª fracción que Carballo e Laracha xa están implantando
A recollida selectiva da 5ª fracción, unha oportunidade industrial

Carballo e A Laracha son pioneiros na recollida da quinta fracción orgánica, na implantación do contedor marrón no casco urbano, compatible co programa de compostaxe caseira no rural. Pero pronto serán todos os Concellos de Galicia os que se vexan obrigados a facelo. En 3 anos, segundo esixe unha normativa europea, todos os Concellos terán que separar a 5ª fracción.

Por que? Porque é un sistema que contribúe á redución das emisións de CO2, garante un fertilizante de calidade coa recuperación dunha práctica tradicional do rural galego e reduce os custos do servizo de recollida de lixo, xa que o canon que pagamos a Sogama polo tratamento da 5ª fracción na planta de compostaxe é inferior ao da bolsa negra.

É precisamente nese paso, o de convertir o lixo en abono, onde entra a tecnoloxía. En Galicia hai moi poucas empresas que fan esa labor. A que usa a nosa comarca é a manida SOGAMA, que xa hai tempo que traballa por riba das súas posibilidades Sogama non debería ser referencia para a Costa da Morte, xa que as plantas de compostaxe deberían servir a non máis de 40 km á redonda.

Deste xeito fan falta moitas plantas así en Galicia, acompañado dunha campaña de recollida selectiva efectivo, con colectores pechados que permitan obter un índice de impropios baixo para poder producir compost utilizable en plantas espalladas polo territorio.

Na comarca, poderíanse utilizar instalacións xa existentes, como por exemplo, a planta Seavi, de Castrelo.

Planta de lodos Siavi en Vimianzo
Planta de lodos Siavi en Vimianzo

Novas relacionadas

Comentarios