Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Policía Local da Laracha estrea novo vehículo

A Policía Local da Laracha estrea novo vehículo

Varias frontes abertas no Concello da Laracha. Hoxe o Concello anunciou o novo vehículo co que conta a Policía Local. Este foi adquirido, en propiedade, polo Concello coa colaboración económica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia con cargo á liña de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental.

Pero ademais, nos próximos días o corpo municipal de seguridade contará con outro automóbil de similares características mediante o sistema renting.

Obras en Paiosaco

O Concello ten previsto aprobar na próxima reunión da Xunta de Goberno Local o financiamento 132.000€ dos que o 70% será con fondos da Consellería) o para proxecto de humanización das rúas Xosé Loureiro González, Xosé Neira Vilas, Álvaro Cunqueiro e dun sector viario pertencente ao campo da feira de Paiosaco.

O proxecto prevé o establecemento do sentido único de circulación dos vehículos en todas esas rúas –xa o é actualmente na rúa Álvaro Cunqueiro- para gañar un espazo que permitirá ampliar as beirarrúas –xunto ao campo da feira crearase un novo tramo- e facelas máis accesibles. Tamén será instalado mobiliario urbano, habilitaranse espazos de aparcamento e será mellorada e aumentada a rede de recollida de pluviais.

Comentarios