Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Aberta a oficina de información da Laracha sobre os incumprimentos da xestión da biomasa

Edificio Administrativo da Laracha-Policia Local
Imaxe do Edificio Administrativo da Laracha
Aberta a oficina de información da Laracha sobre os incumprimentos da xestión da biomasa

Xa contamos moitas veces que son pouco os Concellos que están traballando para facer cumplir a Lei de prevención de Incendios. Un deles é o da Laracha, que aló por xaneiro xa notificara case un milleiro de incumprimentos. Pero ademais de notificar multas, o Concello non esquece informar, e por iso mantén aberta, no edificio administrativo da Laracha (Avenida Fisterra, 60), unha oficina de atención aos titulares das parcelas situadas nas faixas secundarias aos núcleos rurais.

Deste xeito, as persoas que recibiran a notificación poden acudir a este servizo municipal para informarse sobre a localización da parcela que presenta o incumprimento da normativa, a área da mesma que está afectada e o procedemento que se seguirá para acometer os traballos oportunos. Pódese solicitar cita previa chamando ao teléfono 981612811.

Cabe lembrar que o Concello da Laracha está adherido ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), polo que a través de Seaga se poden desenvolver os traballos.

O Concello lembra que nas parcelas que estean a menos de 50 metros de áreas urbanas, non pode haber piñeiros, eucaliptos, acacias, toxos, silvas e fentos.

Novas relacionadas

Comentarios