A Laracha notifica case un milleiro de incumprimentos da Lei de prevención de Incendios

En 2021, o Concello da Laracha xa enviara 300 notificacións a propietarios que debían limpar as súas faixas de biomasa. A comezos deste ano xa notificou 849 incumprimentos da normativa da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia aos titulares das parcelas.
A problemática de levar a cabo esta complicada normativa obriga aos Concellos unir forzas co resto de administracións. Así a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a empresa pública de servizos agrarios Seaga unen forzas para que o país a cumpla.
Nese convenio está adherido o Concello da Laracha, que está poñendo en marcha o sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias ás vivendas. Primeiro realizouse un estudo das franxas de 50 metros próximas ás vivendas, nas que aínda hai especies prohibidas (por pirófitas, que prenden con facilidade) como eucaliptos, acacias, toxos, silvas, fentos e pinos.
Dese informe saen as 849 notificacións.
Agora, o Concello dalles de prazo máximo de 15 días naturais para executar as actuacións oportunas, transcorrido o cal se procederá á execución subsidiaria con repercusión dos custos aos titulares dos terreos.
NOVAS RELACIONADAS
- Decembro 21: O Concello da Laracha notificou a 300 propietarios o deber de limpar as súas parcelas.
- Novembro 21: A Lei de prevención de Incendios e limpeza da biomasa faise cumprir dende Carnota.
- Maio 21: A Xunta lembra a obrigatoriedade de limpar os terreos forestais próximos ás vivendas antes do 31 de maio.
- Marzo 21: A Laracha volve lembrar a obritagoriedade de manter limpas as parcelas forestais en solo urbano.
- Xaneiro 2021: O Concello de Camariñas xa envía os primeiros expedientes por non manter limpas as fincas forestais.
- Setembro 2020: A Laracha xa abriu 200 expedientes a propietarios que non limparon as súas parcelas:
- Agosto 2020: Camariñas, un dos poucos Concellos que lembra as obrigas aos propietarios da limpeza das parcelas forestais.
- Xullo 2020: Santa Comba tamén obriga aos propietaron a limpar as súas parcelas.
- Maio 2020: Ponteceso lembra a obrigatoriedade de manter limpas as fincas para previr os incendios.
- Febreiro 20: Camariñas tamén apura aos propietarios a limpar as fincas.
- Agosto 19: Ponteceso atrévese a meter man na xestión das franxas antiincendios.