O alcalde da Laracha reclámalle á Subdelegada do Goberno que cubra as baixas da Garda Civil
Fíxoo o alcalde previndo o que pode acontecer coas festas patronais (do 14 ao 17) e tendo en conta ademais certos datos que apuntou o xefe da Policía Local. Víctor Vilanova, achegou o dato de que o corpo de seguridade municipal leva realizadas no que vai de ano 2022 un 38 % máis de intervencións con respecto ao mesmo período do curso pasado. Tamén o coronel da Garda Civil constatou un crecemento nas estatísticas delictivas con respecto a 2021, pero apuntou que na comparativa co 2019, antes da pandemia, a delincuencia na Laracha diminuíu nun 1,96 %, polo que concluíu que A Laracha é un municipio seguro.
Débeda
Pola súa parte, a subdelegada repasou os investimentos do goberno central na Laracha dos últimos catro anos, entre os que hai o cambio das luminarias, ou o programa de universalización de infraestruturas dixitais para a conhesión Único-Banda Ancha.
Precisamente, o alcalde quere matizar as palabras da subdelegada, deixando claro que a débeda que mantén o goberno central co concello de 900.000 proxecto do IDAE aínda está pendente.