Ana Gil Rey gaña un dos premios do Concurso de Microrrelatos da RAG e PuntoGal
17:29 05/06/20
De entre os 750 contos que se presentaron ao III Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGa, un ten un marcado acento costeiro. É o que asina Ana Gil Rey, colaboradora desta casa, que levou un dos 9 premios outorgados polo xurado.
Esta veciña de Caión, de 22 anos, levou o terceiro premio da categoría de adultos co conto "Sombras", 36 palabras cheas de intensidade narrativa, que esperamos poidamos compartir en breve.