Venres. 29.03.2024
El tiempo

Milbrait: Axudando na transformación dixital

Cristina Rey Gil de Milbrait
Cristina Rey Gil, de Milbrait
Milbrait: Axudando na transformación dixital

Se algo vai quedar de toda esta crise sanitaria, é a implantación da revolución dixital. Non hai volta atrás. O empurrón que estamos dando, en todos os eidos da vida, para rematar de tecer a fenda dixital, é absoluto.

E para axudar a adaptarnos a esta transformación dixital, queremos falar con Cristian Gil Rey, creadora da asesoría Milbrait, entidade que xorde en Madrid en 2016, e que agora ten base na Coruña e en Caión. Entre os seus servizos máis demandados atópase o asesoramento de novas tecnoloxías para a optimización na mediana e gran empresa.

 
  • QPC: Que necesitan as empresas a día de hoxe para adaptarse ás novas tecnoloxías?

Ó longo deste tempo fumos evolucionando nos servizos e actualmente asesoramos ás empresas no uso da tecnoloxía para optimizar os seus procesos.
Tentamos que o servizo sexa o máis integral posible apoiándonos en colaboración con outras empresas cando é preciso.
Miña irmá, Ana, e eu estudamos as dúas Dereito, eu a maiores fixen formación en Comunicación e Marketing pola Escola de Negocios e Dirección de Madrid e despois formación do MIT en novas tecnoloxías; miña irmá estase formando en sostibilidade e novas tecnoloxías.

 
  • QPC: Cal sería o balance ate agora e cales foron as claves?

Penso que é moi importante crear alianzas estratéxicas con outras empresas. O balance é positivo ter un proxecto así é ilusionante, dende logo é outro xeito de vivir.
Nós dende os comezos sempre escoitamos, apoiámonos no coñecemento de empresarios con experiencia, é unha sorte contar con ese asesoramento e poder aprender con eles.
Tamén penso que unha vantaxe competitiva é traballar ben a nivel local pero dar solucións internacionais ás empresas cando no lo piden. Para isto apoiámonos na rede IURISGAL I.N.O.L.F para os nosos clientes é un valor engadido saber como se está adaptando a normativa tralo COVID 19.

 
  • QPC: E no referente á formación?

Estamos colaborando ca Universidade de Vigo e ca Universidade de Miguel Cervantes. Persoalmente desfruto moitísimo, dar clase é unha desas tarefas que penso que che fan medrar.
Estamos dando a maiores formación para Administración e para empresas de forma presencial, dende abril comezamos a facelo online e a experiencia está sendo moi boa.

 
  • QPC: Cómo cres que será o novo esceario post COVID19?

Penso que as empresas tecnolóxicas sairán reforzadas da crise, nós estamos teletraballando o contexto é diferente.
Por outra banda en Galicia temos empresas que están dando un verdadeiro exemplo de solidariede como Inditex, Estrella Galicia, Plexus… dende logo é o momento de remar todos no mesmo sentido.
Van ser tempos complicados para todos, afirmar o contrario sería unha irresponsabilidade por iso máis que nunca temos que ser realistas e analizar as oportunidades.
En Galicia temos materia prima, temos bo produto; nesta crise sanitaria hai que tentar salvar os comercios das nosas vilas que son ás que lle dan vida ós nosos pobos. Non debemos esquecer que detrás deses comercios hai sempre persoas, familias ás que lles custa levantar o enreixado e máis nesta situación.

Novas relacionadas

Comentarios