sábado. 08.11.2025
El tiempo

As Bibliotecas da Laracha contan con novo puntos de lectura #25N

Biblioteca Paiosaco 25N
O punto de lectura 25N da Biblioteca de Paiosaco
As Bibliotecas da Laracha contan con novo puntos de lectura #25N

O Concello da Laracha puxo en marcha unha nova iniciativa dentro da programación municipal en torno ao 25 de novembro, Día
Internacional Contra a Violencia de Xénero. Trátase da instalación de puntos de lectura específicos nas bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión, destinados a promover a igualdade e contribuír á prevención da violencia de xénero.

Durante todo o mes de novembro estes espazos contarán cunha selección de títulos dirixidos a público infantil, xuvenil e adulto, que estarán expostos e dispoñibles para préstamo. As obras foron elixidas pola súa capacidade para fomentar a reflexión, o respecto e a convivencia en igualdade, empregando a lectura como ferramenta de sensibilización e cambio social.

Como complemento, o Concello elaborou tamén unha infografía con recomendacións de libros que está accesible a través da web municipal. Deste xeito achéganse á cidadanía recursos literarios que axuden a comprender e combater as distintas formas de violencia machista.

Esta iniciativa foi coordinada pola técnica de igualdade do Concello da Laracha e o Centro de Información ás Mulleres (CIM).

Comentarios