Martes. 23.04.2024
El tiempo

BNG e PSOE presentan unha moción conxunta na Laracha solicitando un servizo de grúa

A grúa traballando nun autocross-Foto-Jose Maria Suárez
BNG e PSOE presentan unha moción conxunta na Laracha solicitando un servizo de grúa

Unen forzas esta semana os grupos do BNG e PSOE da Laracha, coa intención de conseguir un servizo de grúa municipal. Xoán M. Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG, e Mª Palomi Rodríguez Castiñeiras, Portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, lembran que a petición xa pasou polo pleno pero foi rexeitada polo grupo maioritario do PP.

”Non é de recibo que as persoas que están a pagar unha taxa para que non se ocupen as entradas dos seus garaxes, se vexan na situación de non poder saír (aínda que se trata dun caso de urxencia) cando alguén ocupa esa entrada xa que aínda que se chame á Policía Local o único que pode facer é sancionar o vehículo pero non se pode proceder á retirada ao non dispór o concello do servizo de grúa”, sinalan ambos grupos.

Piden pois que se elabore un informe da Policía Local coas intervencións nos que a grúa podería ter intervido, a partir do cal articular o servizo a través dun convenio cnha empresa de grúas, principalmente da Laracha, e realizar unha ordenanza municipal para ordear o seu regulamento.

Comentarios