martes. 09.06.2026
El tiempo

Caión móntanse nas ondas para aprender A través do Surfing

2026.06.08.- Aprende a través do surfing en Caion
Caión móntanse nas ondas para aprender A través do Surfing

Segue afianzándose na comarca o "Aprende a Través do Surfing". Unha iniciativa que se marca como obxectivo propoñer este deporte como ferramenta educativa coa finalidade de que o alumnado adquira unha cultura de surf, traballe o autocoñecemento e xere un vínculo co mar e o seu entorno para respectar os espazos naturais e o medio ambiente en xeral. Un proxecto desenvolvido na Laracha pola Federación Galega de Surf e a escola Caión Surf House que trata de achegar un medio tan noso aos esquivos programas escolares.

A proposta educativa inclúe a realización, en horario lectivo, dunha fase teórica nas aulas, tanto con módulos en liña como actividades vivenciais presenciais nos propios centros de ensino, e finaliza coa saída á praia de Caión para poñer en práctica o aprendido. Esta última parte realizouse hoxe cun grupo que recibiu a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Ensino e Deportes, Patricia Bello.

O Concello e os propios centros de ensino apostaron nos últimos anos por levar esta actividade aos colexios do termo municipal. Nesta edición o Concello asumiu os custes da actividade dos estudantes de 6º de primaria.

O surfista Maruliño e a orca IO chegan a Buño en forma de libro

Comentarios