Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Un camión envorca na parroquia de Montemaior

Camion envorcado laracha 2
Un camión envorca na parroquia de Montemaior

Esta pasada tarde de xoves 4 de marzo, arredor das 17:00 horas, un camión sufría un accidente de tráfico no lugar de Carballa Redonda, pertencente á parroquia de Montemaior, no concello da Laracha.

Un camión que transportaba madeira envorcara de xeito lateral. A incidencia ocasionou a perda de combustible do vehículo provocando que o gasóleo alcanzase un regato próximo, sendo informado Augas de Galicia desta situación.

O condutor contou coa colaboración dun operario que traballaba no cargado do camión para saír do vehículo, e foi trasladado por este ao centro médico
da Silva, tal e como informou a Policía Local da Laracha.
No operativo participaron os bombeiros do Parque Comarcal de Carballo, unha patrulla da Policía Local de A Laracha, outra da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de A Laracha.

Comentarios