Mércores. 27.10.2021
El tiempo

O Centro Comunitario de Caión aspira a converterse nunha “infraestrutura emblemática da cabeceira da Costa da Morte”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, e pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, participa na inauguración do centro comunitario de Caión. A Laracha, 08/09/21.
O alcalde larachés cos representantes da Xunta na inauguración. Fotos de David Cabezón
O Centro Comunitario de Caión aspira a converterse nunha “infraestrutura emblemática da cabeceira da Costa da Morte”

Coicindindo co Día dos Milagres de Caión, e co programa Rueiros da Vila xa en marcha, o Concello da Laracha inauguraba onte o Centro Comunitario “Costa da Morte”. O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo acodía a cita para a abrir esta nova infraestrutura social.

Trala bendición das instalacións a cargo do párroco de Caión, Andrés Trinquete, as autoridades fixeron un percorrido polo novo edificio cunha visita a todas as súas estancias guiada por Santiago González, arquitecto do estudo Naos, e Pedro Rodríguez, responsable da empresa construtora Desarrolla (a obra custou 1,2 millóns de euros.
Na primeira planta sitúanse as que serán as novas oficinas da Confraría de Pescadores de Caión, a biblioteca municipal -trasladada desde a súa anterior ubicación na Insua- e dúas aulas multiusos. Na planta baixa, xunto á entrada principal, está o salón de actos, no que se realizaron as intervencións das autoridades.

O alcalde recoñeceu a intención de convertir o espazo nunha “infraestrutura emblemática da cabeceira da Costa da Morte”, dando conta da “singularidade construtiva polas formas curvas que simulan o lombo das baleas”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, e pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, participa na inauguración do centro comunitario de Caión. A Laracha, 08/09/21.

O rexedor avanzou que en breve o novo centro comunitario acollerá unha exposición da rede REMA de Espazos Museísticos Atlánticos en colaboración co Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Costa da Morte e do Arquivo da Pesca de Caión.

Tralas intervencións, o grupo de pandereteiras da Asociación Cultural Arume de Caión interpretaron sobre o escenario o “Maneo e Muiñeira de Caión” para pechar o acto.

Novas relacionadas

comentarios