Rueiros da Vila: A Romaría dos Milagres de Caión chega chea de actividades culturais

A Romaría dos Milagres de Caión, festa catalogada de Interese Turístico de Galicia, celebrarase este mércores, 8 de setembro, día que precisamente por ese motivo é festivo local no termo municipal da Laracha.
E o Concello quixo realizar un completo programa chamado "Rueiros da Vila" que incluirá diversas actividades de diferentes temáticas e dirixidas a todos os públicos. Actividades que se desenvolverán nas Salseiras (zona verde xunto ao acceso principal á praia), Rueiro das Figueiras (Praza Virxe dos Milagres) e Patio (finca situada entre a igrexa parroquial e o paseo marítimo).
O programa das cinco xornadas dos Rueiros da Vila é o seguinte:
Mércores 8
• Concerto: Battosai. 13:00 h. Escenario Salseiras.
• Espectáculo infantil e familiar: Circo Crunch de Muu! 19:30 h. Escenario Salseiras.
• Concerto: Matthew Ward. 19:30 h. Escenario Rueiro das Figueiras.
Xoves 9
• Concerto: Superfuzz. 13:00 h. Escenario Salseiras.
• Contacontos infantil con Charo Pita. 18:00 h. Escenario Rueiro das Figueiras.
• Concerto: Músculo! 21:00 h. Escenario Salseiras.
Venres 10
• Xornada de cultura urbana. 17:00 h. Escenario Salseiras.
• Concerto: María Goris Trío. 19:30 h. Escenario Rueiro das Figueiras.
Sábado 11
• Concerto: Dani Stoyka. 13:00 h. Escenario Salseiras.
• Actuación da Asociación Cultural Arume de Caión. 19:00 h. Escenario Salseiras.
• Concerto: Ailá. 21:00 h. Escenario Patio.
Domingo 12
• Concerto: Pakolas. 13:00 h. Escenario Salseiras.
• Concerto: Sheila Patricia. 21:00 h. Escenario Patio.
Rueiros da vila ten o seu propio perfil nas redes sociais Facebook, Youtube e Instagram (@rueirosdavilacaion) nos que se ofrecerá información puntual sobre todos os eventos que se desenvolverán nesas datas en Caión.