O Club SAL triunfou nos Campionatos de España de Laxe
12:40 02/08/21
Triunfou o Club de Salvamento Acuático Laracha (SAL) nos campionatos de España de verán en categoría cadete celebrados recentemente na praia de Laxe. O Club quedou 3º por equipos na suma de puntos do Campionato de España. Ademais, a parella formada por Eloy Ferreiro e Anxo López acadou o 3º posto na proba rescate con táboa e salvamento, mentres Anxo López proclamouse subcampión de España na proba de bandeiras; e Eloy Ferreiro tamén foi 3º en bandeiras e campión da Copa de España nesa mesma proba.
De aí que o alcalde José Manuel López Varela, quixera recibir no Concello aos máis destacados.