Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A Comunidade escolar do IES Agra Leborís esixe máis medios para cubrir o aumento de matrículas

Reunión ANPA IES Agra de Leborís Concello Laracha
A Comunidade escolar do IES Agra Leborís esixe máis medios para cubrir o aumento de matrículas

Esta pasada mañá de mércores, o alcalde da Laracha José Manuel López Varela e a edil delegada da área de Educación, Patricia Bello, mantiveron hoxe unha reunión coa dirección do IES Agra de Leborís e con representantes da Asociación de Nais e Pais (ANPA) Manuel Murguía dese mesmo centro.

Dase unha circustancia singular no IES larachés, pois non é habitual atopar centros de ensino onde aumenten as matrículas. É tal o crecemento no centro nos últimos anos que a comunidade escolar considera necesaria ampliar espazos e profesorado para cubrir as novas necesidades.

A comunidade considera necesario o aumento de prazas de profesorado para reducir a alta ratio de alumnos por aula e faciltar os desdobramentos de mestres para procesos formativos que así o aconsellen como implantar medidas de atención á diversidade en beneficio dos alumnos que presentan necesidades educativas especiais.

O alcalde e a edil de Educación comunicaron aos membros da comunidade educativa do instituto que o Concello ten solicitada unha reunión co conselleiro de Educación para informar da situación e trasladarlle as demandas oportunas na procura dunha solución á esta problemática.

Comentarios