mércores. 11.12.2024
El tiempo

O Conselleiro: “Hai suficiente profesorado no IES Agra Leborís para dar unha boa calidade educativa”

Roman Rodriguez e Patricia Iglesias no Parlamento
O Conselleiro Román Rodríguez e a socialista Patricia Iglesias onte no Parlamento
O Conselleiro: “Hai suficiente profesorado no IES Agra Leborís para dar unha boa calidade educativa”

Hoxe, xoves, a comunidade escolar volverá concentrarse ás portas do centro, para protestar contra os recortes educativos na Xunta. Pero parece que no seo da Consellería non escoitan as demandas das familias e do profesorado (piden un posto de PT a tempo completo e tamén un posto de profesorado de cupo máis do que teñen agora), segundo se puido comprobar onte no Parlamento Galego.

A parlamentaria socialista Patricia Iglesias esixiulle ao conselleiro de Educación no Pleno do Parlamento o reforzo urxente do profesorado asignado ao IES Agra de Leborís, na Laracha. Pero o Conselleiro Román Rodríguez decidiu desoír as demandas da comunidade escolar e centrouse na crítica á parlamentaia, acusándoa de falsedades cos mesmos argumentos de sempre: os números. Iso a pesar de que hai algunhas das aulas de Primeiro de ESO que chegan aos 33 alumnos…

Iglesias foi contundente e acusou ao Conselleiro de “mentirlle a cara aos pais e nais” (foi a ANPA a que trasladou os datos que presentou no pleno do Parlamento), e pedíulle que “saia do despacho e que vaia escoitar, con empatía, as concentracións e folgas dos concellos da Costa da Morte e da comunidade escolar o IES Agra Leborís”.

Acabou indo máis alá o Conselleiro e ademais de incidir na suposta “manipulación dos datos” por parte da ANPA, acusou de que as mobilizacións nese centro se están desenvolvendo porque “sabemos que no centro traballa un destacado líder sindical”…

Poden ver as intervencións nesta ligazón da mediateca do Parlamento.

Máis novas

Comentarios