A trampa do PROA: A precarización da atención á diversidade
- Centros onde as protestas pola falta de auxiliares como o IES Agra Leborís, CEIP Vila de Cee ou Cabo da Area quedan sen reforzo educativo.

Explicaba esta mañá Ester Vázquez Blanco nas FirmasQPC a trampa do anuncio e a resolución da Xunta no marco do programa PROA. Un teórico programa de reforzo educativo contra o fracaso escolar, financiado con fondos europeos, que permite a adhesión de auxiliares en 300 centros educativos do país.
O que non conta a Consellería de Educación, é a trampa que levan realizando nos últimos cursos para cadrar os números. Ester lembra como o a Xunta foi “varrendo do mapa” os postos estruturais de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe nos centros.
Postos firmes, consolidados, que tocaban aos centros por catálogo ou pola cantidade de nenxs con Necesidades Educativas Específicas, que agora suple con estas prazas temporais, dependentes de subvencións, que só están de outubro a xuño, e que non desempeñan sen todas as funcións dos PT e AL, precarizando a atención á diversidade e os postos de traballo.
Pero é que ademais de aproveitar para reducir as prazas estruturais de cada centro, a resolución da Consellería deixa sen cubrir centros tan claros como o CEIP Vila de Cee, ou o CEIP Cabo da Area de Laxe, a pesar de que as familias e a comunidade educativa leva denunciando unha situación insostible dende o comezo de curso.
Os centros que si recibirán un reforzo, en forma fe PT, AL ou mestre de Primaria, son: o IES Fernando Blanco (Cee), IES Ramón Caamaño (Muxía), o IES Isidro Parga Pondal (Carballo), o IES Terra de Xallas (Santa Comba), o CEIP Areouta (Fisterra), CEIP Praia de Quenxe (Corcubión), o CEIP do Pindo (Carnota), CEIP Plurilingüe de Carnota (Carnota), CEIP Canosa-Rus (Coristanco), CEIP Fogar (Carballo).
Porén non foron seleccionados para o programa, sen máis explicación os IES Alfredo Brañas (Carballo), IES As Insuas (Muros), IES Pedra da Aguia (Camariñas), IES Eduardo Pondal (Ponteceso), CEIP dos Muíños (Muxía), CEIP Plurilingüe San Vicenzo (Vimianzo), CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza (Santa Comba), CEIP Eduardo Pondal (Ponteceso), CEIP Plurilingüe Ramón de Artaza y Malvárez (Muros), CEIP Virxe da Barca (Muxía), CPI Plurilingüe Cabo da Area (Laxe), CEIP Mar de Fóra (Fisterra), CEIP de Bormoio-Agualada (Coristanco), o CEIP Plurilingüe Vila de Cee (Cee), CEIP Plurilingüe de Ponte do Porto (Camariñas), CEIP O Areal (Camariñas) ou o CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños).
Quedaron ademais excluídos o IES Plurilingüe Fontexería (Muros), o CEIP Bergantiños (Carballo), CEIP Labarta Pose (Zas) e o CEIP Bergantiños por non acreditar porcentaxe de alumnado vulnerable superior ao 30%; e o IES Agra de Leborís (A Laracha) onde tamén houbo importantes protestas, por solicitude incompleta.
Estes centros teñen tres días para reclamar.
Máis novas sobre os recortes
- Ester Vázquez Blanco: Que está acontecendo nos Centros Educativos?