A comunidade educativa do IES Agra Leborís volve parar contra os recortes
Non desisten as concentracións de toda a comunidade escolar do IES Agra Leborís da Laracha. O profesorado, o alumnado e as familias volveron concentrarse, un xoves máis, ás portas do centro, para lamentar os recortes que leva sufrindo o centro nos últimos anos.
Reivindican o deireito a unha educación digna, á normalizción da diversidade nun “ensino para todxs”.
A situación
Xa o lembraban a semana pasada: No curso 2019/20, o centro larachés tiña 450 alumnos matriculados e un total de 46 docentes (cifra xa inferior ao que se tiña en cursos previos). Seis anos despois, o alumnado chega a 540, o que implica un incremento do 20% de mozos e mozas nas aulas e o claustro reduciuse en 5 docentes, un recorte do 11% do persoal docente.
Este curso comezou co recorte de dous postos de traballo: un docente para impartir ESO e Bacharelato e outro da especialidade de PT. No caso da atención á diversidade a cuestión é grave: no curso 22(23 había dous docentes de PT, no 23/24 recortouse un posto, pasando a seren dous docentes a media xornada e neste curso cóntase, de feito, co equivalente a un mestre de PT a media xornada, ao ser o titular integrante do equipo directivo. Hai no IES agora mesmo máis de 100 casos de alumnado con NEAE (máis do 20% do total do alumnado).