Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O depósito de pneumáticos de Lendo é cousa do pasado

Retirada pneumáticos Lendo Laracha
A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, desprazouse ata A Laracha para interesarse polo resultado das intervencións desenvolvidas cunha visita aos terreos recuperados na que estivo acompañada por Pablo Cambón, concelleiro de Patrimonio, Obras e Urbanismo.
O depósito de pneumáticos de Lendo é cousa do pasado

Impactante imaxe a da parcela de Lendo sen aquela marea de pneumáticos. I é que despois de moitas queixas da veciñanza e a oposición, a Xunta concluíu, por fin, os traballos de eliminación do depósito da parcela larachesa.

Chegou a haber 36.000 toneladas deste residuo cun alto compoñente de material reutilizable con novos usos como, por exemplo, solos de parques infantís, preparados para estradas ou pantallas acústicas de redución de ruídos. Así o sinalou a directora Xeral Sagrario Pérez, a pesar das últimas directrices da UE que prohibiirán este material, por exemplo, para os campos de fútbol de herba artificial.

Esta foi a actuación de maior entidade entre as acometidas na Comunidade para a eliminación de depósitos de pneumáticos históricos, completa as xa realizadas en Fene e As Somozas. Os traballos incluíron unha importante roza e retirada de maleza previa, para posteriormente facer a recollida e transportar os neumáticos para o seu tratamento, consistente no triturado e na clasificación dos fraccións valorizables -caucho, metal e fibras téxtiles- para a súa reutilización. O resto destinouse a valorización enerxética, tal e como establece a Directiva Marco.

Novas relacionadas

Comentarios