Incendiado na Laracha un vehículo que fora roubado 5 días antes
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo acudiron sufocar o incendio dun vehículo na estrada que vai de Lemaio ao Polígono Industrial no Concello da Laracha.
Ao chegar ao lugar dos feitos non se atopou a ninguén, nin as posibles persoas ocupantes do vehículo, nin a que deu a alerta. Segundo a Garda Civil, o vehículo tiña sido roubado cinco días antes.
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo procederon á extinción do incendio no vehículo que estaba ardendo por completo. Empregouse auga e escuma de baixa expansión. Confirmouse, logo da extinción, que dentro do vehículo tampouco había ninguén.
Neste momento descoñécese a orixe do lume que afectou ao vehículo (quedou totalmente queimado) e a unha pequena porción de vexetación situada pola parte lateral do coche.