Investigado un veciño da Laracha por colocar lazos ilegais nos que quedaron atrapados varios cans
A Patrulla do Seprona de Arteixo vén de investigar a un veciño da Laracha como presunto autor dun delito contra a flora e a fauna pola a colocación de lazos non selectivas en explotacións agrarias dedicadas ao cultivo de millo.
O achádego aconteceu no Concello da Laracha. Xa en agosto, un veciño da zona informou de que o seu can quedara atrapado nunha trampa mentres paseaban por unha granxa. O animal tivo que ser atendido nunha clínica veterinaria polas feridas sufridas.
O segundo suceso ocorreu o 30 de outubro de 2024, nunha granxa diferente pero próxima á primeira, onde outro can quedou atrapado nunha trampa. Neste caso, o animal puido ser liberado polo seu propietario sen sufrir danos físicos.
Posteriormente, durante unha inspección realizada neste inmoble o 4 de novembro de 2024, axentes da Garda Civil localizaron e retiraron outros dous lazos instalados en puntos estratéxicos de paso de fauna.
As investigacións identificaron ao xerente de ambos inmobles, quen recoñeceu ante a presenza dos axentes o lugar exacto onde se localizaron os lazos. Estes aparellos, compostos por cables metálicos e mosquetóns, están prohibidos polo seu carácter masivo e non selectivo, xa que supoñen un grave risco tanto para a fauna como para os animais domésticos.
Segundo as declaracións do investigado, os lazos colocáronse debido aos danos causados pola fauna silvestre, como xabarís, aos cultivos de millo das explotacións afectadas.
Lembra a Garda Civil que a colocación deste tipo de trampas constitúe un suposto delito contra a flora e a fauna, tipificado no Código Penal, pola utilización de métodos de caza masiva e non selectiva.