Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Laracha acolle a 5ª edición da Feira de Horticultura

O evento foi presentado hoxe no Concello polo alcalde, José Manuel López Varela, xunto á concelleira de Promoción Económica, Rocío López, e representantes das entidades colaboradoras.
Laracha acolle a 5ª edición da Feira de Horticultura

O domingo 7 de agosto Paiosaco acollerá a quinta edición da Feira de Horticultura, organizada polo Concello coa colaboración das asociacións A Terriña e Horta do Noroeste. O propósito esencial desta iniciativa é poñer en valor tanto os produtos de horta da nosa zona como o labor dos profesionais do sector.

Haberá dezaseis postos individuais de exposición e venda que o Concello porá a disposición dos produtores adheridos á iniciativa. Desde as 11:30 e ata as 13:30 horas haberá un show cooking con degustación para os asistentes no que a chef Beatriz Sotelo realizará as súas elaboracións precisamente con produtos de horta doados polos propios profesionais asistentes. Ademais, haberá sorteos de agasallos entre as persoas que se acheguen durante a mañá.

“Queremos que o consumidor aposte polo produto local e galego porque non hai nada mellor que confiar na xente que está ao teu carón”, sinalou Lorena Palleiro, en representación da Asociación de Horticultores Profesionais Horta do Noroeste. Nese sentido animou aos consumidores a “ler as etiquetas” cando vaian facer a compra para comprobar a orixe e trazabilidade dos produtos. Concluíu facendo seu un dos lemas da asociación: “coidamos de ti e do entorno”.

horticultura Laracha

Relación de postos na Feira de Horticultura

 Concello da Laracha.
 Asociación de Horticultores Profesionais Horta do Noroeste.
 Asociación A Terriña.
 Show cooking de Beatriz Sotelo.
 Horta Bertoa.
 Horta Baldaio.
 Horta Millarada.
 Horta da Lousa.
 Verduras Chelín.
 Hortalizas Añón Pardiñas.
 Entreverdes.
 Verxel Galego.
 Hortalizas Santa Magdalena.
 Granxa O Rosal.
 Apropaco.
 Fundación Galicia Sustentable.

Comentarios