domingo. 08.12.2024
El tiempo

A Laracha acolle un curso sobre planificacións de soutos

curso plantacion castineiros laracha
A Laracha acolle un curso sobre planificacións de soutos

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ofrecerá na Laracha o vindeiro día 3 de xuño en horario de 10:00 a 14:00 horas un curso sobre a planificación e o deseño das plantacións de castiñeiro de froito.

A xornada, semellante á que se ofrece en Zas, que será impartida por persoal técnico do Centro Agroforestal do ourensano Concello de Riós, vai dirixida especialmente a tres colectivos: produtores en activo, persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria e desempregados na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario.

Os obxectivos principais desta iniciativa son organizar ditas plantacións en función das zonas e do destino final do produto e complementar a formación dos produtores de castaña sobre as novidades de investigación, os tratamentos das árbores e as tendencias técnicas do mercado, entre outros aspectos.

As persoas interesadas en participar deben anotarse de xeito gratuíto no Concello, ben acudindo á Casa Consistorial ou chamando ao 981605001.

Zas organiza un curso gratuíto sobre a produción de castaña.

Comentarios