A Laracha Acolle, o programa para a inclusión de persoas inmigrantes, xa ten respaldo económico
O programa A Laracha xa ten capital para comezar a desenvolverse no próximo mes de decembro, e traballar na inclusión das persoas inmigrantes ata abril de 2023.
Foi a Fundación La Caixa, a través da Obra Social a escoitou o chamamento do alcalde de Laracha, e aporta 5.000€ para cofinanciar este programa que terá como colectivo prioritario o das mulleres inmigrantes.
Componse de dúas liñas de acción complementarias. Por unha banda o “Taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia” e pola outra, a creación do espazo de expresión e participación cultural “Exprésa-T”, dirixido ao coñecemento dos costumes, funcionamento e valores da sociedade de acollida, intercambio e socialización, así como ao tratamento de temas transversais de xénero e coeducación.
José Manuel López Varela mostrouse agradecido á Fundación “la Caixa” por “apoiar durante os últimos anos as iniciativas sociais que se organizan desde o Concello”, mostrando unha vez máis a súa “implicación, sensibilidade e compromiso coa Laracha”.