Ponte nas Ondas... patrimonio da Unesco, fai parroquia en Vimianzo en Caión achegando a radio a 20 escolas da comarca
20 escolas da Costa da Morte e de Bergantiños asistirán as citas que o proxecto Ponte nas Ondas prepara para desenvolver o mes que vén en Caión e Vimianzo. A iniciativa, recoñecida de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial pola UNESCO volve á nosa comarca expandido o seu impacto.
Escolares dos 20 centros afondarán nesta radio escolar mundiap sobre o patrimonio cultural dos concellos costeiros. O contidos propostos polos centros educativos acollen diversas expresións e manifestacións do patrimonio local e comarcal.
Ademais, as escolas renderán homenaxe á autora das letras galegas, Begoña Caamaño, xornalista radiofónica que inspira ao alumnado participante na
experiencia de Ponte...nas ondas!
Centros costeiros participantes
Centros participantes Vimianzo:
- CEIP Santa Eulalia de Dumbría
- CEIP Labarta Pose
- CEIP Praia de Quenxe
- CEIP San Vicenzo
- CEIP Vila de Cee
- CPR N.S. do Carme
- IES Maximino Romero
- CEIP Os Muíños
- CEIP Victor Sáenz
- CPI As Revoltas
Centros participantes Caión:
- CEIP de Caión
- IES Eduardo Pondal
- CEIP Gándara-Sofán
- CEIP As Forcadas
- CPI Cabo da Area
- CEIP Otero Pedrayo
- CEIP Alfredo Brañas
- IES Agra de Leborís
- IES Parga Pondal
O Centro de Formación do Profesorado de A Coruña e e os concellos de A Laracha e Vimianzo colaboran coa Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! na organización da xornada e na participación de persoas e comunidades portadoras do patrimonio cultural inmaterial das comarcas
próximas.


