Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Laracha Activa, o novo programa de vida saudable e turismo natural

 Caión acollerá unha xornada de cultura urbana
Presentanción do programa A Laracha Activa
A Laracha Activa, o novo programa de vida saudable e turismo natural

Presentou este venres o Concello da Laracha o seu novo programa “A Laracha Activa”. Un programa que busca poñer en valor o patrimonio natural en clave turística, pero ao mesmo tempo fomentar os hábitos de vida saudables entre a veciñanza.

Así, o principal atractivo é o desenvolvemento e sinalización de sete rutas para realizar a pé ou en bicicleta de montaña, que poderán realizarse de forma autoguiada a través da aplicación para smartphones Wikiloc.

Os sete itinerarios propostos son os seguintes:

  • Ruta de Caión: Porta da Costa da Morte. 12,3 km e dificultade media. Con inicio na Praza do Concello e fin na praza Eduardo Vila Fano de Caión, percórrense antigos camiños de peregrinación ata o santuario dos Milagres.
  • Circular BTT A Laracha-Soandres-A Laracha. Trátase da ruta deseñada polo Club Ciclista Laracha en Dúas Rodas e sinalizada de xeito permanente polo Concello. É circular, parte da Praza do Concello e ao longo de 40,3 km percorre os arredores do río Anllóns, o miradoiro de San Marta, o mosteiro de Soandres e o Museo dos Muíños de Golmar. É de dificultade alta, cun desnivel de 983 metros.
  • Ruta 360º Á Laracha. Con 17,9 km e dificultade media, esta ruta circular con principio e fin na Praza do Concello discorre polas parroquias de Torás, Vilaño, Golmar, Soutullo, Coiro e Soandres, e ten o seu punto máis alto a metade de percorrido no miradoiro de Santa Marta, desde o que se obtén unha espectacular vista panorámica.
  • O vibrar do río Anllóns. 12,7 km e dificultade media. Inicio e fin na praza Olonne Sur Mer da Laracha. Permite coñecer recursos de valor etnográfico e arqueolóxico, xa que toparemos cos muíños do Formigueiro e As Fervenzas e chegaremos ata o Castro de Montes Claros.
  • Ruta da muiñeira a ritmo do río Acheiro. 4,3 km e dificultade baixa. Inicio e fin no Museo dos Muíños de Golmar, discorre xunto ao Acheiro e ao longo do percorrido poderanse contemplar freixas e varios restos de muíños.
  • As pegadas do Bradoso. Ruta circular de 7,1 km e dificultade media con inicio e fin na escola unitaria de Cumiáns. Percorre un sector do río onde se concentran nove muíños de auga, destacando tamén a variedade de especies de flora de bosque de ribeira.
  • O sentir de Soandres. 15,9 km e dificultade baixa, con inicio e fin no mosteiro de San Pedro de Soandres. Pasarase pola ladeira do coto de Pedrouzo, onde nace o río Anllóns, e ao longo do percorrido coñecerase a riqueza arqueolóxica da zona, onde se sitúan elementos como o dolmen Forno Dos Mouros, a pedra da Cabirta, as mámoas de Silvoso e do coto de Altamira e diferentes penedos graníticos de gran tamaño.

sO alcalde lembrou que todas estas rutas xa se realizaron nos últimos anos a través de programas municipais con gran éxito de participación.

Cultura urbana en Caión

No marco do programa de actividades en torno ás Festas dos Milagres, o Concello programou en Caión o día 10 de setembro unha xornada de cultura urbana a cargo da entidade Vella Escola e dirixida a mozos a partir de 13 anos de idade. A zona verde situada nas inmediacións do acceso principal á praia das Salseiras será a que acolle esta singular xornada que comezará ás 17:00 horas con tres obradoiros de breakdance, freestyle football e beatbox que se levarán a cabo de forma simultánea por espazo de dúas horas. Cómpre inscribirse en alaracha.gal.

A continuación, desde as 20:30 horas, terá lugar o espectáculo Ópera Break´s, no que se mestura nunha única función diferentes disciplinas artísticas como a ópera cantada en directo coa voz de Esperanza Mara, o breakdance, o beatbox e un Dj. Neste caso a asistencia está aberta a todos os públicos.

Comentarios