Despois de 7 anos do afundimento do Silvosa, Portos propón outro estudio para mellorar a seguridade na dársena de Malpica
Cúmprense xusto 7 anos dende o accidente do Silvosa na entrada do porto de Malpica. 7 anos. E a Xunta volve ofrecer outro estudio, un máis, situando no 2027 unha posible solución aos problemas que sofren diariamente as embarcacións que se adentran nas exclusas da dársena interior do peirao malpicán.
Onte, o alcalde Eduardo Parga, reuníase coa conselleira do Mar, Marta Villaverde, para escoitar actuacións previstas polo departamento para o reforzo da seguridade e mellora da operatividade no interior da dársena do peirao malpicán.
Portos realizará un novo estudio, que se desenvolverá durante 10 meses e afondará no coñecemento científico sobre o fenómeno da onda longa, "moi pouco estudado ata o momento e que non se tiña en conta na construción das infraestruturas portuarias que permanecen en uso na actualidade".
Portos de Galicia investirá neste traballo de investigación asinado xunto á Universidade da Coruña, 262.000 euros e a UDC realizará ensaios das posibles solucións técnicas na Dársena Multidireccional 3D do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) de recoñecido prestixio investigador. Este modelo físico a escala en tres dimensións de gran tamaño introduce unha compoñente de innovación de grande importancia nesta problemática, fronte aos modelos matemáticos.
HISTÓRICO SOBRE A SEGURIDADE NO PORTO DE MALPICA DENDE 2018
- Xaneiro 2025: 6 anos, e seguimos esperando por unha solución técnica para mellorar a seguridade da dársena de Malpica
- Xuño 2024: O PP volve evitar comprometerse coa mellora da seguridade do porto de Malpica ante as críticas da oposición.
- Decembro 23: O BNG pide incluír a mellora da seguridade no porto de Malpica nos Orzamentos da Xunta 2024.
- Outubro 23: A seguridade no porto de Malpica volve quedar sen partida orzamentaria
- Marzo 23: A Xunta rexeita a proposta de ampliación do dique do porto de Malpica e propón varias alternativas.
- Marzo 22: O PSOE solicita a ampliación de 200 metros do dique de abrigo de Malpica.
- Novembro 22: O PSOE critica a mísera partida dos Orzamentos da Xunta para a seguridade na dársena de Malpica
- Xaneiro 22: O BNG presenta outra moción para axilizar as obras de seguridade do porto de Malpica.
- Novembro 21: O Parlamento acorda, con unanimidade, afrontar as actuacións de seguridade do porto de Malpica:
- Abril 21: “Deberían botarlle man porque se está correndo demasiado risco na dársena de Malpica”.
- 19-02-2021: Novas propostas para a mellora da dársena de Malpica. Continúa o estudo experimental para establecer un sistema de comportas no peirao.
- Febreiro 2020: Dous anos despois, e as embarcacións seguen xogándose a vida no porto de Malpica.
- Decembro 2020: A Xunta volve usar un sistema experimental no porto de Malpica dous anos despois do accidente mortal do Silvosa.
- Agosto 21: As obras do porto de Malpica seguen a medias.
- Febreiro 2020: A Xunta pide paciencia para acometer as obras de seguridade do peirao de Malpica.
- Outubro 2019: A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas.
- Decembro 19: Comeza a instalación do radar que permitirá definir o proxecto de mellora da seguridade no peirao de Malpica.
- Oubturo 19: A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas.
- Outubro 19: Un radar, primeira medida da Xunta para revisar a seguridade do porto.
- Xullo 19: A familia do mariñeiro falecido en Malpica entrega 10.000 sinaturas para que Portos acometa obras de seguridade no peirao.
- Xullo 19: Walter Pardo e Leiceaga piden á Xunta a a execución das obras de mellora de seguridade no porto de Malpica.
- Febreiro 19: Aprobada no Parlamento unha iniciativa para eliminar o risco na entrada do porto de Malpica.
- 31-01-19: A oposición ao completo obriga no Parlamento á Xunta a tomar medidas para o porto de Malpica.
- A familia malpicá do falecido no mar pide solucións para o porto.
- Decembro 18: Conmoción en Galicia polos dous naufraxios da Costa da Morte.
- 20-12-2018: O mar cóbrase outra vida nun novo afundimento dun barco en Malpica.