"Naturalmente única". A Costa da Morte conta cun novo "escaparate"
Presentouse onte no Asteria Beach, Caión, A Laracha, a nova guía singular da Costa da Morte. A patronal turística, APTCM (Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte), encargáballe a Xan Fernández Carrera un novo libro-guía pensado para para as recepcións e mostradores dos establecementos e oficinas turísticas dos nosos 17 concellos do Xeodestino. Así, cos textos do carballés, e as fotos de Antonio Fernandez (que vén de gañar ademais o concurso de fotografía da Laracha), nace “A Costa da Morte. Naturalmente única”.
Este “escaparate” para ver os recursos da comarca ten un formato especial, con cuberta dura e papel de gran calidade, pensado para espazos relacionados co turismo, como recepcións, mostradores de establecementos deste tipo e oficinas de información. Sairá en tres idiomas: galego, castelán e inglés, e ademais xa está dixitalizado e accesible dende visitacostadamorte.com.
Cifras
A Xunta aportou máis de 30.000 euros para o evento, como resaltou o director de Turismo, Xosé Merelles, sorprendido polo poder de convocatoria e a unión do sector.
Como sempre que se achega pola comarca, Merelles fai unha valoración con cifras, e sinalou segundo os seus sensores instalados en distintos puntos, desde agosto a novembro deste ano, 11.638 peregrinos continuaron a súa experiencia ata Muxía e 28.470 ata Fisterra. Ademais, o volume de peregrinos con respecto ao total de visitas a cada concello é do 7,8% en Muxía e do 27,7% en Fisterra nese período.
Do mesmo xeito, o director de Turismo salientou que entre xaneiro e outubro 132.013 viaxeiros visitaron Costa da Morte, realizando 281.280 noites en establecementos hoteleiros da zona. Deles, 38.896 foron turistas internacionais.
Máis información
OUTROS ARTIGOS DE XAN FERNÁNDEZ CARRERA
- Plácido M. Baamil, exemplo de superación e compromiso.
- A Costa da Morte e o seu potencial turístico.
- Recuperemos o Monte Neme.
- Muxía e os secadoiros de congro.
- Eolicos sobre os Penedos: Novo ataque á Costa da Morte.
- Bergantiños, da abundancia ao abandono.
- “A historia da Costa da Morte do século XX resultaría moi difícil de escribir sen consultar a obra de Ramón Caamaño e José Vidal”.
- A Ponte do Porto, do esplendor á decadencia.
- A orixe da vila da Ponte do Porto.
- Patrimonio e turismo na Costa da Morte.
ARTIGOS de Xan Fdez. DA SERIE CAMARIÑAS NO LAMPEXAR DO TEMPO
- Camariñas no lampexar do tempo (I): A historia local como protectora do patrimonio.
- Camariñas no lampexar do tempo (II): Camariñas na cartografía e documentación antiga.
- Camariñas no lampexar do tempo (IV): Vila mariñeira consolidada.
- Camariñas no lampexar do tempo (III): Dous núcleos: Aldea e Vila.

