Sábado. 15.08.2020
El tiempo

A Laracha, o concello bergantiñán con maior taxa de doantes, fomenta a doazón

A Laracha, o concello bergantiñán con maior taxa de doantes, fomenta a doazón

Con 51 doazóns por cada mil habitantes e ano, o Concello da Laracha é o municipio da comarca de Bergantiños que presenta unha maior taxa de doazón, superando tamén os índices de Galicia (41) e do conxunto estatal (36).
Como dato global, no ano pasado realizáronse 583 doazóns nas unidades móbiles desprazadas ao termo municipal da Laracha, cun incremento do 8,2% con respecto ao curso anterior. E ademais, os datos do primeiro semestre son tamén moi positivos.

De aí que a directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), Marisa López, se anime a achegarse á zona para presentar a campaña de verán de doazón de sangue. Unha campaña que conta co apoio municipal .

Marisa López recalcou que o procedemento de doazón nas unidades móbiles é plenamente seguro grazas ao protocolo de actuación establecido por ADOS. Os grupos sanguíneos que presentan un menor volume de reservas son o A+ e o B+.

Para doar é mellor facelo con cita previa, pero non é extrictamente necesario, e poden pasar polas unidades móbiles que se situarán nos próximos días nos seguintes lugares:

  • Caión (Praza Eduardo Vila Fano): Xoves 16 de xullo de 16:00 a 18:30 horas.
  • Paiosaco (Campo da feira): Xoves 16 de xullo de 19:00 a 21:00 horas.
  • A Laracha (Praza do Concello): luns 20 de xullo de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas).

Nos tres casos pódese reservar cita previa na hora máis conveniente chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.

comentarios