Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Laracha corrobora o seu irmandamento francés

2022.08.27.- Desfile Les Sables d'Olonne alcalde Laracha
A Laracha corrobora o seu irmandamento francés

O Concello da Laracha actualizou o seu irmandamento francés despois da fusión dos concellos Sables d’Olonne e Château-d’Olonne. Agora, tras 10 anos de irmandamento con Sables d’Olonne, o concello bergantiñán asinou o convenio co concello resultante: Les Sables d’Olonne.

Ata Francia desprazouse unha expedición larachesa, comandada polo alcalde López Varela e composta por representantes municipais, alumnos e profesora do departamento de francés do IES Agra de Leborís e membros da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco, cuxo grupo instrumental amenizou o evento coa súa actuación.

A data para a sinatura coincide coa celebración da Festa dos Irmandamentos que se deselveu estes días e no que participan os municipios de Murat (Francia), Worthing (Inglaterra), Schwabach (Alemaña) e Gourcy (Burkina Faso), tamén irmandados coa mesma localidade francesa que A Laracha.

Así foi o desfile da Festa dos Irmandamentos celebrada en Les Sables d'Olonne coa participación de todos os concellos irmandados con ese municipio francés.

2022.08.27.- Desfile Les Sables d'Olonne (4) copia

Comentarios