venres. 31.07.2026
El tiempo

Critican as contradicións do PP a nivel municipal e autonómico coa reivindicación de elimininación das peaxes da AG-55

Peaxe da Autoestrada A Coruna-Carballo
Critican as contradicións do PP a nivel municipal e autonómico coa reivindicación de elimininación das peaxes da AG-55

O BNG vén de criticar as contradicións do Partido Popular respecto da reivindicación da eliminación das peaxes da autovía AG-55, e sinalou que os populares votaron a favor da súa moción sobre este tema na maioría dos concellos das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra, mentres que na Xunta négase a quitalas e non atende ao clamor social para que se eliminen.

O grupo lembra que as súas mocións presentadas nos plenos das localidades de Bergantiños, Soneira e Fisterra, ademais do concello de Carnota,  PP votou a favor da iniciativa en todos os municipios da comarca de Bergantiños: Carballo,  Malpica, Laxe, Cabana de Bergantiños, A Laracha, Coristanco e Ponteceso; ademais de Fisterra, Zas e Carnota. Abstívose en Cee, Corcubión, Dumbría, Vimianzo. Só se posicionou en contra en Muxía e Camariñas.

A formación nacionalista tamén presentou unha moción no pleno da Deputación da Coruña, que foi aprobada co voto favorable de todos os grupos agás a abstención do PP. E no Parlamento galego, o deputado Oscar Insua presentou varias iniciativas para pedir a eliminación das peaxes, atopándose sempre coa oposición do Partido Popular.

O BNG cualificou como “decepción” o comportamento do PP na Xunta, e indicou que resulta “sorprendente” a "ambigüidade" dos populares. 

 

Comentarios