A Laracha estrea o programa de formación online de “Aula Mentor”
O Concello da Laracha, únese ó programa Aula Mentor e contará dende este curso cunha das máis de 350 Aulas Mentor do territorio nacional. Trátase dun programa de formación online non reglada, flexible e con titorización persoal promovido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. O programa está dirixido a adultos e conta cun extenso catálogo de máis de 200 cursos, titorizados por un profesional da materia e con certificado oficial, cos que ampliar competencias persoais e profesionais.
Ademais de contar con todas as vantaxes da formación online, na Laracha os usuarios contarán cunha aula equipada e un administrador que axudará e guiará aos alumnos matriculados nas súas dúbidas referentes ó programa.
Os cursos pódense facer dende a aula a disposición dos alumnos matriculados ou dende a súa casa, e sempre contarán ademais do docente experto na materia, con un administrador que velará polo bo desenvolvemento dos cursos, informará e orientará axudará no proceso de matriculación.
Como participar
Se estás interesado en informarte, podes obter máis información en aulamentor.alaracha.gal ou achegarte ás XORNADAS DE PORTAS ABERTAS que se celebrarán os vindeiros 27 e 28 de setembro, de 11:30 a 13:30, no 2º andar do Edificio Administrativo do Concello da Laracha. Tamén podes chamar ao tlf. Directo de Aula Mentor 669963094 ou ó 981612811. A matrícula é antes do 30 de setembro.