Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Laracha prepara o padal para o novo concurso de Tapas

Vai de tapas na Laracha
Laracha prepara o padal para o novo concurso de Tapas

Aínda pendentes do entroido, por Laracha non poden esperar máis para unha nova edición do Concurso de Tapas. A fin de semana do 6 ao 8 de marzo serán cando se desenvolva, por 7ª vez, este certame “A Laracha de Tapas”, organizado polo Concello cos obxectivos esenciais de dinamizar o tecido comercial e hostaleiro e poñer en valor os produtos gastronómicos locais.

Cada local participante debe ofrecer a súa tapa de concurso ao prezo de 1,50 euros o venres 6 (de 19:00 a 00:00 h), o sábado 7 (12:00 a 15:00 h e 19:00 a 00:00 h) e domingo 8 (12:00 a 15:00 h), debendo incluír cada elaboración canda menos un produto galego de temporada.

Haberá, coma sempre, tres premios, dous deles (300 e 250 euros) serán outorgados polo xurado profesional ás que consideren que son as dúas mellores tapas. O galardón do xurado popular (200 euros) será decidido directamente polos clientes, podendo votar á súa elaboración favorita aquelas persoas que consumisen as tapas de tres locais. Entre todos os votos sortearanse regalos doados polas empresas colaboradoras e os establecementos participantes.

Comentarios