Laracha prepara unha xornada de iniciación á Marcha Nórdica por Gabenlle
Iniciarse no saudable mundo da marcha nórdica e ademais disfrutar dunha contorna como a de Gabenlle. Plan fantástico para o vindeiro sábado 9 de abril, nunha actividade que organiza o Concello da Laracha.
A xornada que organizará o Concello desenvolverase o sábado 9 de abril na área recreativa de Gabenlle en horario de 10:30 a 13:00 horas. A finalidade é que as persoas asistentes poidan coñecer a técnica de emprego dos bastóns, comprender os principais fundamentos saudables desta disciplina (centrados na mellora da coordinación e do equilibrio, así como na descarga das articulacións) e valorar os espazos dispoñibles no termo municipal da Laracha para a práctica da marcha nórdica.
A inscrición débense formalizar no departamento de Deportes. As prazas son limitadas están restrinxidas a persoas empadroadas no termo municipal da Laracha.