Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Laracha volve irse de tapas

O evento foi presentado hoxe no Concello da Laracha polo alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, xunto a representantes dalgúns dos locais que forman parte do evento.
A Laracha volve irse de tapas

Que mellor que unha ruta de Tapas para comezar o mes de marzo. Así, esta fin de semana de 6, 6 e 8 de febreiro, 9 locais ofrecerán as súas elaboracións para a sétima edición de A Laracha de Tapas. Unhas elaboracións de alta calidade, desenvoltas polos seguintes establecimentos:

• Hotel-Restaurante ABC: Volovan.
• Café Bar Aqua: Timbal de sabores.
• Café-Bar Guadalupe: Roliño de Entroido.
• Manhattan Skyline: Croquetas galegas.
• Café-Bar Mariño: Bacallau en salsa.
• O Noso Café: Garavanzos con lagostinos.
• Cervexaría O Trasno: Brocheta Mariñeira.
• Bar Sara: Mini Sara.
• Café Bar O Encontro: Salpicón de marisco.

As tapas estarán a disposición do público ao prezo de 1,50 euros o venres en horario de tarde-noite (de 19:00 a 00:00 horas), o sábado tanto en horario de mañá (12:00 a 15:00 horas) como de tarde-noite (19:00 a 00:00 horas) e o domingo pola mañá (12:00 a 15:00 horas).

Hai, ademais 750 euros en premios para os establecementos e sorteo de agasallos para os consumidores. Ademais, o Concello distribuirá un mapa de localización de todos os establecementos participantes, indicando as tapas que se ofrecen en cada un deles e o seu emprazamento. Tamén haberá un tren turístico que realizará continuamente unha ruta entre os locais que participan no concurso.

A Laracha de Tapas. Marzo 2020

Comentarios